off
Economía, Política, Politica espanhola — 25 Novembro, 2016 at 7:48 p.m.

España ten menos presión fiscal ca Grecia, Portugal e Hungria

by

 O Eurostat mostra que os ingresos de España estan por baixo da media europea en eidos como o IVA,  o IRPF ou as contizacións sociais malia que os tipos máximos destes impostos adoitan ficar por riba da media europea. 


O estado español por baixo da media europea en ingresos en todos treitos impositivos. Ainda que os ingresos tributarios do Estado aumentarna no 2011, a recadación sobre o Produto Interior Bruto, continua sendo inferior a das potencias europeas como Francia e Alemaña e mesmo de estados máis pequenos como Grecia, Portugal ou Hungria.  Os dados publicados hoxe pola Oficina Europea de Estatística amostran que a presión fiscal no estado español foi do  34,6% do PIB español en 2015, unha décima máis ca en 2014, fronte o 47,9% na Francia, o 40% a Alemaña e o 39,6% na Grecia. A media da zona euro foi 41,4% o ano pasado , 7 puntos por riba da española.

O estado español só se achega á media europea, ainda que unha décima por baixo, no imposto de sociedades. Porén, na Europa e na zona euro supón o 2,5% doPIB; no Estado o imposto que pagan as empresas representa o 2,4% do PIB español.

Os datos da Oficina Europea de Estatística  revelan como dende a chegada do PP ao goberno do estado en 2011, a presión impositiva subiu do  32% en 2011 ao 34,6% en 2015. Porén, España fica nída e claramente por baixo da media europea.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off