off
Cedeira, Cultura, Fin de semana, Teatro — 24 Novembro, 2016 at 7:44 a.m.

“Misterios” de Paula Carballeira encerra o 1º Certame de Teatro Amador de Cedeira

by

A asistencia media ás representacións, que comezaran o día 11 coa obra de Álvaro Cunqueiro “A noite vai como un río”, é dunhas 60 persoas.


cartel-misterios_teatroamador_cedeira2016O primeiro certame de teatro amador ou afeccionado organizado polo Concello de Cedeira despídese este venres coa obra “Misterios” de Paula Carballeira. A última cita, como as anteriores, terá lugar no auditorio e comezará ás 20.00 horas. Trátase dunha representación enfocada a un público familiar e correrá a cargo dos actores María López, Silvia Casal, Leonardo Lamas e Lorena Montero.  Eles son a compañía O Aturuxo de Melpómene que, neste primeiro ano de vida, tamén será a encargada de pechar unha convocatoria que o goberno municipal pretende darlle continuidade.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off