off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 22 Novembro, 2016 at 8:43 a.m.

O PNV e o PSE redactarán un novo Estatuto vasco en oito meses

by

Rajoy xa ten unha nova fronte en Euscadi. Os socialistas aceptan debater o dereito de autodeterminación dentro do marco legal. O  PNV quere blindar o concerto económico mentres a esquerda abertzale acha que o vieiro estaturario xa está esgotado.


O pacto entre o Partido Nacionalista Vasco e o Partido Socialista de Euscadi acelera o proceso de reforma do Estatuto prevendo redactaren un novo texto dende o Parlamento en pouco máis de medio ano. Os dous partidos reclamarán o cumprimento íntegro do Estatuto de Guernika, incluindo o traspaso de competencias chave do Estado, como seguranza social e pensións). O lehendakari  Urkullu e  a socialista Idoia mendi asinarán hoxe o pacto que insire tamén unha reforma da constitución na orientación que defende o PSE que asumirá no novo executivo Traballo, Vivenda e Turismo, aceptando de paso que o debate sobre a reforma do Estatuto incorporre temas como o dereito a decidir “no seu exercizo pactado nun marco de negociación e acordo do ordenamento xurídico vixente en cada intre”.

Esta fórmula, asumida polo PNV, significa na práctica aceptar a “via escocesa” e refugar un proceso unilateral como que neste intre defende Cataluña se non hai pacto co estado español.  

Iniciativas como as de Ibarretxe non se albican no futuro imediato, asumindo deste modo un   proceso semellante ao catalá de 2005. A letra do pacto non significa que os socialista pasen a erguer a bandeira da autodeterminación xa que perante a falta de acordo ambas e dúas formacións resérvanse a “liberdade para defenderen” os plantexamentos respeitivos. Portanto, o pulo inmediato  á reforma estatutaria non o asumirá o goberno de Urkullu mas os partidos desde a ponencia de autogoberno que pactaron na pasada lexislatura, no que PNB, EHBildu e  Elkarrekin Podem defenden o dereito a decidir ( teñen maioría).

O PSE  acepta o “recoñecemento de  Euskadi como nación”,porén nun senso culturalista e sen que iso supoña o recoñecemento da soberanía. Ainda fica por debullarse como se xungue ao texto

Porén, os dous partidos subcreben que unha vez aprobada no Parlamento Vasco, a reforma “será submetida á decisión da cidadanía” para que a ratifique nun referendum.  Contodo, o texto omite a “consulta habilitante” que defendía o PNV para safar a intervención do  Tribunal Constitucional.

No eido da paz e convivencia, plantexan a “disolución e desaparición definitiva da ETA” e un “proceso de reflexión crítica” dos que deran apoio á violencia e un recoñecemento de “todas as vítimas”, sen que signifique cair en “equiparacions” que subestimen o dano da ETA. Sobre os presos, segundo os principios de “humanidade e reinserción” é recomendabel “o traslado a cárceres próximas á súa contorna familiar”. Un aceno a destacar xa que foi o PSOE co apoio do proprio PNV  quen encetou a dispersión dos presos.De aí que consideren prioritaria a transferencia da competencia en prisións. Outra prioridade de Urkullo e o seu goberno será o traspaso da Seguridade Social, unha competencia que ainda non ten ningunha autonomía e que o Estado quer reter para manter as prerrogativas políticas que supón controlar  a caixa única.

Após anos de recentralización españolista do PP, a necesidade de actualizar e afondar no autogoberno pon de relevo o inmobilismo disfuncional das forzas políticas hexemónicas e a regresión competencial en Galiza

 A urxencia -oito meses para  retomar os traballos encetados na lexislatura pasada- dá unha idea do lastre competencial que  supón para para Galiza as maiorías do PP. Porén, o PNV e PSE apuntan no pacto unha  reforma da Constitución. O teimoso inmobilismo de Feijoó e a insignificancia do PsG-PSOE respeito ao PSOE debulla un panorama no que o pacto vasco agudice ainda máis o movimento regresivo destas duas forzas políticas cara o centralismo.

Respeito ao “procés català”, o calendario do Estatuto vasco coincide co das leis de desconexión catalás, xa que ambos e dous procesos terán de estar rematados antes de agosto do 2017.  No debate de investidura de agosto, Aitor Esteban, portavoz do PNV, advertiu a Rajoy que ia ter aberta unha segund fronte en Euskadi. Un Estatuto vasco soberanista.

2 Comments

  1. Rajoy non ten ningunha nova fronte no País Vasco. Os amigos do PNV non teñen mais patria que os seus cartos. Cartos roubados explotando a colonias interiores como Galicia con empresas como Iberdrola (ver foto do presidente de Iberdrola dándolle unha aperta inmensa a Frijol I) ou como o BBV. O que están vendo os gudaris de salón do pnv é que o proceso catalán está en via morta e que posiblemente o Estado non vai afrouxar en nada. Aprendendo a lección e tendo un cupo que lles beneficia moito pois fan o que fixeron sempre que non é mais que venderse ó poder.
    Si que redactarán un estatuto novo e seguro que ata o aprobarán pero de dereito de autodeterminación nada de nada. Hai que ser moi inocente para pensar que o que se nega en Catalunya agora llo van dar ó Pais Vasco pola sua cara bonita.

  2. Habera que estar atentos ao que da de si este pacto. Pero tamen a outros actores como Bildu e Podemos.
    Por outra banda este pacto deixa ben en evidencia ao PPdeG e ao PSdeG.
    Si os procesos catalan e vasco teñen certo paralelismo creo que o estado deberia replantexarse moitas cousas. Ollamos como vivimos nun estado inconcluso e ancorado no inmovilismo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off