off
Agro, Galiza — 20 Novembro, 2016 at 11:20 a.m.

The Guardian escolle viños galegos e portugueses entre os 50 mellores para o Nadal de 2016

by

David Williams na súa escolla mensal de viño de venda quer en supermercados quer en loxas especializadas británicas para o Observer Food Monthly’s, aparecen  dous viños galegos: o  Extramundi da Adega Pazo Tizón do Ribeiro, 2015 (a partir de £ 15, Cabines, Booths; Berry Bros and Rudd) e o Fedellos do Couto Bastarda, Ribeira Sacra, 2014 (£28, VinCognito).


vinozpazotizon-extramundi

Extramundi da Adega Pazo Tizón do Ribeiro, 2015. Combinando as variedades locais albariño e treixadura, este branco nasce para acompañar froitos do mar. Regusto de cítricos e sal mas cun trasfondo de pesego e albaricoque. E unha xenerosa textura que lle achega riqueza.


Fedellos do Couto Bastarda, Ribeira Sacra, Spain 2014. Feito nos distantes outeiros da Galiza interior [nun pazo do século XII contornado de viñedo e souto] este vermello idiosincrático da lisgaira clase bastarda (12% abv) ten acenos de suave froita vermella, terra lenturecida e taninos vagarosos. A acidez da baga negrusca do arando apórtalle frescor.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off