off
Ciencia, Cinema, Contos, Cultura, Educação — 20 Novembro, 2016 at 9:40 a.m.

Educar na igualdade de xénero

by

A conmemoración o venres do Día Internacional da Eliminacion da Violencia contra a Muller, está detrás dunha iniciativa que se materializará os días 22, 23, 24 e 25 na sala Áncora.


O Concello de Cedeira organiza actividades lúdico-educativas na igualdade de xénero, en colaboración da Anpa Picapeixe da Escola Nicolás del Rio. Actividades para sensibilizar e co-educar na igualdade.

Coincide que hoxe, 20 de novembro,é o Dia Internacional dos Dereitos dos Nenos e Nenas. É un dereito fundamental das crianzas seren educadas no valor esencial da igualdade de xénero. No desexo de ser e de saber.

Contos, cinema e obradoiros

A convocatoria, que está pensada para as  meniñas e meniños, comezará  na terza-feira coa celebración de xogos da igualdade, cooperación e valores, entre as seis e as oito da tarde. Na cuarta-feira e repetindo horario, haberá un obradoiro de brinquedos reciclados non sexistas e o visionado da curtametraxe “Rosa Caramelo” seguido de obradoiros de manualidades. A organización lémbralle as participantes que terán que acudir cun bote con tapa e un boneco de plástico que colla dentro.mulleres

Xa na quinta-feira (xoves  día 24) a elaboración dun mural chamará a participación de todas as pícaras e pícaros, mentras que a programación se despedirá na sexta-feira coa proxeción do filme  “Brave” e a exposición dos murais realizados. Só neste último caso, o horario será de cinco a siete da tarde. Para o alumnado do IES o Concello, e sempre dentro do horario lectivo, unha de contacontos a cargo de Lisístrata con “A Historia en Feminino”. Un chegamento ao mundo infantil de sobranceiras e descoñecidas mulleres ao longo da Historia foran científicas, inventoras, aventureiras, escritoras, músicas.…todas teñen cabida nesta Historia en feminino. Contos, curiosidades, diversión e xogos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off