off
Estado, Política, Televisión — 19 Novembro, 2016 at 9:04 a.m.

Adolfo Suárez frenou un referendum pola república

by

Se alguén ainda confiaba, confirmase a sospeita de que nos tiñan ben enganados. Os inquéritos daban por feito o devalo do rei, segundo unha entrevista que acaba de ser revelada. Adolfo Suárez frenouno cando era presidente do goberno español e que de celebrarse España sería hoxe unha república. Explicouno nunha entrevista de Victoria Prego emitida en Antena 3 en 1995 sen o treito  en que, o na altura presidente durante a Transición (entre  1976 e  1981), explica as súas manobras para restaurar a monarquía. La Sexta vén de resgatar dos arquivos o treito censurado e emiteuno onte. Suárez pormenoriza os feitos cando lle preguntarn pola lexitimidade da monarquía, ainda que   insinua precavido que é un off the record -“Non o contarei”, afirma – e cobre o micro coa man tentanto que as súas palabras non sexan rexistradas. Porén, ficou rexistrado: “ A meirande parte dos presidentes extranxeiros pedíanme un referendum sobre monarquía ou república, na altura” confesa o lider da UCD. E por que non o fixo? Porque seica os cidadáns exercirian o dereito de facer caer o rei. “Facíamos enquisas e perdíamos”, recoñece sen freio na lingua. Segundo Suárez, vai ser Felipe González quen lles pedía aos outros que pedieran  o referendum. No congreo de Suresnes de 1974, con Franco ainda vivo, o PSOE vivia na retórica da “república federal das nacionalidades que integran o estado español”. A máis do marxismo, unha das primeiras renuncias do PSOE foi a república. O resto da historia  é máis ou menos coñecida. Somos aquilo ao que renunciamos. Para alén, da simples saudade, a revelación móstranos como os mesmos que hoxe se negan a mudar nada son os mesmos que se negaron a votar a monarquía. 

O Rei de todos, afirman. Mais non tanto.

Súarez non quería asumir o custo  da queda de Xan Carlos I. A forma de facelo foi ensarillar a reforma democrática á monarquía, do mesmo xeito que Franco a ensarillou cos “principios fundamentales del régimen”. Un continuo que se fragou cando Suárez inseriu a institución na lei de reforma política. Unha norma aprovada  polas Cortes franquistas que asumian deste modo a súa disolución  e que despois foi ratificada nun referendum, co 80% de votos favorables e participación do 77%. Con este aval, Suárez presentouse diante da comunidade internacional  afirmando que o tiña submetido a referendum, dí na entrevista.

O caso é que coincide coa sesión inaugural da nova lexislatura. Na cerimonia  moitos non aplaudiron ( 95 de 350 non festexaron ou ficaron fora da sala), parlamentarios de Podemos, En Marea, PNV e de Demócratas. Mesmo houbo que luzou camisola  coa inscrición “Yo no voté a ningún rey”. Foi unha mostra do que está a acontecer. Ao vivo.De como algúns representantes saen desacomplexados do armario para debater o papel da monarquía con normalidade. Algo ten mudado. E se o que  resta é o legalismo ideolóxico e a única voz dos tribunais, pésimo negocio. Lenta agonía. Ao cabo, sempre é  dificil desfacerse dun cadáver. Desde a sacralizada Transición paira no ar as grandes cuestións: como  é posibel unha democracia cunha monarquía instaurada por un ditador e como axir éticamente sen ter sancionado aos responsables dos crimes do franquismo. Galiza votou masivamente pola UCD e deu a presidencia do seu autogoberno a un ministro franquista. Eís a proba de que a cuestión republicana – que é a da propia viabilidade da democracia- deu paso a outras cuestións que foron elidindo  o cerne mesmo do problema que agora volve a colocarse no tapete. A política como xudicialización do que non encaixa segundo ditado dos cancerbeiros do sistema (PP, PSOE e  Ciudadanos) e unha monarquía manifestamente posicionada no oficialismo que estes representan. Os que aclamaran e aplaudiran a Filipe VI. O Rei de todos, afirman. Mais non tanto. Canto máis oficialismo e legalismo ideolóxico opoñan  máis reivindicación republicana iremos vendo. Ao tempo.

 

Grazas por leres e colaborares co Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off
A %d blogueros les gusta esto: