off
Cedeira, Galiza, Ortegal, Pesca — 18 Novembro, 2016 at 09:43

Ondas do noroeste entre 5 e 6 metros

por Redacción

Punta Candieira(Cedeira). Meteogalicia.18/11/2016 10:31

Segundo informa MeteoGalicia, agárdanse para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros e precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso lixeiro. Vento forte do Sudoeste do sábado pola tarde ó sábado pola noite.  En canto ó estado da calidade do aire, manterase bo en termos xerais.

Marítima(de Estaca de Bares a Cabo Prior)

As condicións meteorolóxicas poden levar á ocorrencia de vento forte que ponde ir até os 6 metros de altura. Borrasca de 985 mb no Mar do Norte.   Atención para venres: mar de fondo con ondas do noroeste entre 5 e 6 metros.Vento do oeste á mañá e á tarde e do oeste á noite, forza 5 a 7 á mañá, 6 a 7 á tarde e 4 a 5 á noite. O agravamento do estado do tempo vai faceerse sentir en toda a costa galega,  Norte de Portugal, xá a partir desta sexta-feira e con especial incidencia no domingo. A partires de mañá sábado e o domingo o vento virará sudoeste á mañá e do sudoeste á tarde e á noite, forza 4 a 6 á mañá, 7 a 8 á tarde e 6 a 8 á noite, con forte marusía á mañá, vaga á tarde e media vaga á noite.

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: