off
Galiza — 18 Novembro, 2016 at 12:53 p.m.

O BNG impulsa unha campaña por unha AP-9 “galega, pública e sen peaxes”

by

Trátase dunha campaña para pedir o resgate da concesión, a trasferencia a Galiza e a fin das portaxes, polas que Audasa recada 300.000 euros diarios.


Despois de ter anunciado Ana Pontón, portavoz do Grupo parlamentario do BNG,  que na primeira pregunta que formulará a Feijóo na primeira sesión plenaria comprobaremos “se Galiza está por riba de todo e si será  o primeiro e non tolerar ningún tipo de discriminación para os galegos e galegas en función do que pase noutros territorios”. Neste sentido, explicou que un claro exemplo desta discriminación será o que suceda coa AP-9 e a súa transferencia a Galiza.

A AP-9 recada a diario 300.000 euros en peaxes  e  é unha das poucas autoestradas do Estado que conta coa concesión privada por un máximo de 75 anos. 

Segundo afirmou Pontón  “a AP-9 está máis que amortizada” e na primeira sesión plenaria  imos ofrecerlle a Feijóo a oportunidade de demostrar que “é militante de Galiza” e non vai permitir este trato discriminatorio.

A pregunta será “se considera se é de recibo que o Goberno de Rajoy anuncie 8 mil M€ para rescatar as autoestradas madrileñas polas que non pasa ninguén e son unha ruína e  para transferir a Galiza a AP-9 ten cero euros”.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off