off
Editorial, Política, Politica espanhola — 18 Novembro, 2016 at 9:02 a.m.

A nova lexislatura española xunguiu a corte dos milagres da Gürtel

by

A cerimoniosa obertura da nova lexislatura española, cos reis de España presidindo a pantomima, inxente en xenuflexións e  beixa-maos e  unha multitudinaria presenza de cortesáns beneficiados da trama Gürtel prestos a recuncar no santo mandado de gobernar polo ben dos españois deitou tamén outros rituais  como a ausencia de deputados republicanos.

Velaí a cortesana Rita Barberá, ministros, senadores e señorías de vária e diversa fasquía en homenaxe ao xefe do estado  e á silandeira familia real acompañada do presidente Rajoy, pompa militar e Guardia Civil fornecendo a infausta mensaxe do que non se move. Eís o aceno do PSOE permitindolle a Rajoy a investidura. Viñeron despois a xaculatorias que abondan na santidade do  diálogo sempre “dentro do marco legal vixente” , o mesmo que xurou o cargo que obstenta cando antes de abrazar a constitución española  abrazara  con fruición soberana a Ley de Principios Fundamentales del Movimiento. Porén, por se alguén ainda non se decatar, saiu á palestra a señora presidenta do Congreso para suliñar o relevo do constituinte sintáctico formado  polo grupo de palabras “dentro-do-marco- legal-vixente”, barrando así calquera aceno de circularidade hermenéutica, aplicandolle unhas pinguiñas de disolvente universal, esa sustancia milagreira cuxa acción apaga o soluto (un ánimo,  unha firmeza, un  gozo cidadá libre ou unha vontade químicamente diferente) caindo nas imaxinosas testas do hisope TVE (ese aspersorio público que pagamos do noso peto os galegos e o resto): ” a nosa Constitución, que alicerza na indisolúbel unidade de España”.

A lexislatura española comeza coma sempre: sen autocrítica para recuperar creto. Velaí Jorge Fernández Díaz presidindo a comisión de peticións do Congreso (unha comisión onde non tiña que ser escolleito, quer dicer, votado). Como sabe que pode ameazar con novas eleicións se o PSOE non lle aproba os orzamentos, Rajoy ademáis de blindar aos seus non o disimula. Fica algo mais que dicir ? O diálogo, u-lo?  No entanto, a locutora  da televisión pública  ia narrando : “Ahora la reina se retira con sus hijas, les debe estar diciendo que lo han hecho muy bien ”. “ Es que pobrecitas, es mucho tiempo de pie ”. As crianzas non merecen iso oh! Estreiteza de visión. Inmobilismo. Nada novo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off