off
Cedeira, Fin de semana, Teatro — 17 Novembro, 2016 at 7:39 a.m.

O grupo de teatro O Pico do Castro, de Foz, levará a escena a súa obra “O consultorio” este venres

by

A fin de semana cedeirense enfia a segunda xeira do certame de Teatro Amador coa representación de “O consultorio” a cargo da Asociación Pico do Castro de Foz


O pasado día 11 foi inaugurado o primeiro  Certame de Teatro Amador, que é unha iniciativa do Concello para fomentar as compañías de teatro afeccionado achegando a  arte escénica a un público máis amplo. A función deste venres, que tamén será no Auditorio Municipal comezará ás 20.00 horas, a cargo dos membros do grupo amador de teatro da Asociación Pico do Castro (Foz) que porán en escena a obra “O consultorio”. Unha comedia onde a consulta dun psiquiatra serve para fitar a incomunicación familiar, a sexualidade e a soidade da nosa realidade imediata.

O certame aínda terá continuidade o  venres 25, coa representación da obra “Misterios” a cargo da compañía O Aturuxo de Melpómene. É unha peza da que é autora a escritora Paula Carballeira e pensada para todos os públicos.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off