off
Cedeira, Política local — 14 Novembro, 2016 at 8:36 a.m.

A Demarcación de Costas substitue o estrado de madeira do paseo marítimo de Cedeira

by

obras-no-paseomaritimo_cedeiraOperarios da empresa Tragsa traballan estes días na reposición duns 20 metros de tarima de madeira do paseo marítimo de Cedeira, no tramo do colexio Nicolás del Río. Esta tarefa, que impide o paso pola zona, está incluída dentro das intervencións que a Demarcación de Costas en Galicia leva a cabo no municipio despois de ter consensuados algúns contidos do proxecto coa Plataforma en Defensa da Ría de Cedeira. A actuación que agora se fai consiste na reposición do estrado de madeira que se atopa en mal estado e encétase despois da realizada na zona dunar, que foi a que se convertiu no cabalo de batalla entre os membros da plataforma e os responsables do Ministerio de Medio Ambiente (Demarcación de Costas é un organismo estatal).

Estudo de impacto ambiental

Despois de comprometerse a xestionar un estudo de impacto ambiental da ría e de moderar algunhas das intervencións inicialmente previstas -a estabilización do perfil da duna quedou en 20 graos e a cima de coroación é de +10-, Costas puxo en mans da empresa Tragsa a realización do proxecto, que tamén incluíu a retirada de plantas invasoras, a plantación doutras autóctonas e a apertura dos regatos de San Isidro e A Revolta.

 

Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off