off
Música, Poesía — 11 Novembro, 2016 at 8:50 a.m.

Morre Leonard Cohen aos 82 anos

by

O xenial poeta e cantautor canadense  estivo activo até o seu pasamento. Viña de publicar en outubro un novo disco,  ‘You Want It Darker’


A nova da súa morte deuna o seu perfil oficial no Facebook. “Perdimos un dos visionarios máis venerados e prolíficos da música” , afirmase na mensaxe da rede social, que non informa do lugar nen causas da morte. Porén, en breve nota infórmase da homenaxe ao artista en Los Angeles, cidade californiana na que moraba, sen especificar data. Cohen é un bos maiores bultos da canción xurdida nos 60. A súa arte combinaba poesía e música a través da vinculación dun estilo literario de seu,  intenso, profundo e grave como a súa voz cuestionadora da natureza do home e de Deus. Os textos de Cohen entrefreban o imaxinario relixioso, o sagrado, a redención, o xogo e o desexo sexual. Un dandismo e unha disposición dionisíaca polo amor fati. Un esteta que mantivo ao longo da súa vida- abonda escoitar a obra que deixou o ano da sua morte- un estilo que se expresa en cada unha das súas manifestacions e dobras Cada treito, cada estrofa, é un mundo no que sempre recoñecemos a mesma progresión poética. Iso é o estilo de Cohen: un poema rebolado sobre si mesmo, bailando  ata o final do amor, o que fixo del un músico incomparabel e sen doble, imediatamente recoñecibe e “guiado pola beleza das nosas armas”. Todo está en “Suzanne”.

Unha carreira de máis de 50 anos

Nacido en Montreal nunha familia xudía, en 1934, Leonard Cohen comeza coa idade de 30 anos na música. Estudou literatura e comezou publicando algúns traballos sen moito suceso. Porén,  a súa voz marmuriante, sempre cuestionou a natureza do home e Deus en cancións marcadas pola desgraza e o sufrimento. A súa incursión na poesia veu de brazo dado, entre outros, da obra de García Lorca. Desde os primeiros poemarios e logo de estaxiar na Grecia, Cohen debutou na música co disco ‘Songs of Leonard Cohen’ (1967), considerado un referente absoluto da época e obra que anticipa o mellor do seu repertorio en  cancións como ‘So Long, Marianne’ ou ‘Suzanne’.  Unha  espiritualidade non exenta de lúcida saudade, romanticismo e reflexión existencial  que emerxeu na escena folk norteamericana  nos sesenta en paralelo á Joni Mitchell e Dylan. A finais dos anos 60, un novo disco, máis escuro,  inclue “Bird on the Wire” ecoada por  artistas como Johnny Cash e Joe Cocker. A figura de Cohen tornabase un referente para os músicos da palabras de moitas xeracións a cabalo de discos senlleiros como   ‘Songs of Love and Hate’ (1971), ‘I am Your Man’ (1988)  ou ‘Various Positions’ (1985 ), no que deu a coñecer o tema ‘Hallelujah’, un dos himnos máis inesquecibles do tempo en que  os vinilos se mercaban para seren devorados, desde as letras até a capa.

Retiro espiritual

Tras o éxito do álbum I am your Man, lanzado a finais dos anos 80, Leonard Cohen desapareceu de escena nos anos 90, converteuse en budista. Volveu á pista  menos dunha década despois. Un  prolífico  e inspirado regreso á actividade musical despois de saber que a súa representante Kelley Lynch o tiña estafado.

Un artista asombrado pola morte

Tras a morte da súa musa, Marianne Ihlen, en xullo, el escribiu: “Sabes que estou tan perto de ti que, se estenderas a tua mao, poderias tocar a miña. ” O seu amor tornouse famoso na súa música So Long Marianne. A súa última xira, de 2008 a 2013 non deixou de mostrar  coma sempre  o seu asombro pola morte. Un tema presente no seu álbum  14 e máis recente, quer máis escuro ,  lanzado o 21 de outubro de 2016, unha especie de testamento. Afirmara  á revista New Yorker: “Estou preparado para morrer, eu só espero que isto non sexa incómodo.”

 As cancións

1. ‘So long, Marianne’

2. ‘Sisters of Mercy’

3. ‘Hallelujah’

4. ‘Bird on the wire’

5. ‘Dance me to the end of love’

6. First we take Manhattan’

7. ‘I’m your man’

8. ‘A thousand kisses deep’

9. ‘Famous blue raincoat’

10. ‘Hey, that’s no way to say goodbye’

11. ‘The Partisan’

[youtube]https://youtu.be/S34cVkL6zCE[/youtube]

12. ‘Suzanne”

 

https://youtu.be/ZX0CfFdk-jw

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off