off
Cedeira, Cultura, Fin de semana, Teatro — 11 Novembro, 2016 at 1:17 p.m.

“A noite vai como un rio”, abre o primeiro certame de Teatro Amador de Cedeira

by

Parteluz estrea esta sexta-feira o certame de Teatro Amador de Cedeira coa obra “A noite vai como un río” de Álvaro Cunqueiro. “O consultorio” e   “Misterios” son algunhas  representacións que se poderán ver


A iniciativa do Concello de Cedeira apostando polo teatro afeccionado  nun momento no que a crise das artes escénicas e da cultura en xeral é en Galiza un síntoma  doutras insuficiencias e prepotencias da nosa realidade ben merece aplauso e atención. Porque a concepción do teatro como espazo de reflexión sen renunciar a ser espectáculo e divertimento é moi necesario.  Teatro feito por xente de aquí e con autores, actrices e actores de noso, de agora e de sempre.  Teatro que se molla.

 

A noite vai como un río

A asociación Parteluz representou o clásico cunqueiriano por primeira o pasasdo mes de xuño no centro Ágora da Coruña. Esta primeira cita coa arte escénica, e de balde, dará comezo hoxe ás oito da tarde no Auditorio municipal.

O certame terá continuidade os días 18 e 25  coa participación da Asociación Pico do Castro, que representará a obra “O consultorio”, e  O Aturuxo de Melpómene,  porá en escena “Misterios” de Paula Carballeira.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off