Parteluz estrea esta sexta-feira o certame de Teatro Amador de Cedeira coa obra “A noite vai como un río” de Álvaro Cunqueiro. “O consultorio” e “Misterios” son algunhas representacións que se poderán ver
A iniciativa do Concello de Cedeira apostando polo teatro afeccionado nun momento no que a crise das artes escénicas e da cultura en xeral é en Galiza un síntoma doutras insuficiencias e prepotencias da nosa realidade ben merece aplauso e atención. Porque a concepción do teatro como espazo de reflexión sen renunciar a ser espectáculo e divertimento é moi necesario. Teatro feito por xente de aquí e con autores, actrices e actores de noso, de agora e de sempre. Teatro que se molla.
A noite vai como un río
A asociación Parteluz representou o clásico cunqueiriano por primeira o pasasdo mes de xuño no centro Ágora da Coruña. Esta primeira cita coa arte escénica, e de balde, dará comezo hoxe ás oito da tarde no Auditorio municipal.
O certame terá continuidade os días 18 e 25 coa participación da Asociación Pico do Castro, que representará a obra “O consultorio”, e O Aturuxo de Melpómene, porá en escena “Misterios” de Paula Carballeira.