off
Cedeira, Cultura — 9 Novembro, 2016 at 8:14 a.m.

Cedeira tentará chegar a un acordo cos propietarios dos montes para recuperar o Castro das Croas

by

O Concello de Cedeira retoma o proxecto co alvo de recuperar patrimonio adquirindo os montes onde está situado o castro, no monte das Croas.


 

maqueta_castrodascroas_ollaparo
Maqueta do Castro das Croas (Esteiro-Cedeira)

O goberno local, que xa dispón dun estudio arqueolóxico para a realización da obra, trata agora de chegar a un acordo económico cos propietarios dos terreos necesarios para a execución do proxecto. Esta é o obxectivo da reunión que terá lugar hoxe, ás 20.00 horas, na Casa do Concello. Nela, o executivo local trasladará aos 39 propietarios o seu interese por darlle unha utilidade pública a un ben cultural de tanta relevancia e tentará coñecer as pretensións económicas dos propietarios á hora de poñer á venda, chegado o caso, os 8.000 metros cadrados que precisa a intervención, que está firmada polo arqueólogo Emilio Ramil. A concelleira de Cultura  María Xosé Rodríguez suliñou a trascendencia do proxecto por canto suporá a recuperación dun moi importante valor patrimonial  ademais de garantir a súa protección e que poida ser visitado

O Castro das Croas está entre os castros mellor conservados dos que aínda existen no municipio cedeirés. Nel tamén se encontran os de Alcaiás, Cheda, Magoira e Santamallar de Riba. En ningún deles se fixo intervención arqueolóxica algunha.

One Comment

  1. Emocióname a hipótese de recuperamos os espazos prehistóricos. Este podería ser o primeiro paso.

    Tería, por outra banda, repercusións moi positivas no turismo local tendo en conta, ademais, que hai unha praia a cada lado. Hoxe non deberíamos estar preocupados pola conservación: suponse acondicionado, cun centro de interpretación e vixiado (eses son “protocolos” estandarizados).

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off