off

Rajoy deseña o gabinete pensando no futuro do PP

by

O PP acumula o poder dos ministerios ao servizo do rexime presidencialista. Mariano Rajoy incorpora ao exectuivo bultos pesados do PP como María Dolores de Cospedal. Guindos e Santamaría consolídanse, ocupandose esta das competencias territoriais e do proceso catalá. Can Margallo e Fernández Díaz, ainda que terá o seu clon en Zoido, católico, ultraconservador e amigo de Rajoy.


Un continuismo con algúns trazos diferentes. Comezando polo seu madrileñismo, acrescentado aos poucos desde 1978 até chegar  ao de 2016. Porén, deseñado para resistir sen consesións de cara ao choque co soberanismo catalá. Se no 2011, Mariano Rajoy cercábase de fideis e amigos persoais agás Wert, un home da FAES e cordón umbilical do aznarismo, porén tratándose de Rajoy e do PP nunca se sabe onde comeza o partido e onde a amizade persoal porque desta xeira Rajoy pensa máis no partido e do seu interese e porvir. Velaí que xeneroso se amostra cos que se sacrifican polo PP .Velaí o novo eixo de poder: Zoido, exalcalde de Sevilla, home de partido e bucrócrata consumado que cobrou durante seis anos sobresoldos do PP, aparece á frente de Interior en lugar do desacreditado Fernández Díaz e en Defensa rexurde Maria Dolores de Cospedal reforzada do seu comando de Xénova nos tempos de Gürtel e Bárcenas. Troca de cromos nunha área sensibel para o eleitorado de dereitas. A disputa de Guindos e Montoro resólvese algargando as competencias do primeiro ainda que sen o control absoluto de economía que terá de partillar con Álvaro Nadal, o cerebro neoliberal na sombra. Mais tamén hai espazo para as promesas coa proxección do xove alcalde de Santander Íñigo de la Serna Hernáiz, un  golfiño novo que sempre poderá posar para a foto no cómodo cenario de Fomento.

Para pasmo de Ciudadanos e do PSOE, as supostas vítimas adxuvantes na súa permanencia no poder, non poden alegar ignorancia. Rajoy non paga traidores. Desde que asegurou os votos, Rajoy deixou claro que a oposición non lle ia marcar os tempos e a política.Non se albisca algures un aceno de cumpricidade cara un perfil centrista ou socialdemócrata. Todos baixo as asas da gaivota. Agás o ministerio de Exteriores, que deixa en mans dun diplomático de perfil baixo para suturar o vazamento Margallo, nomeadamente cara o proceso soberanista catalá. Ao que se suma o desprazamento de  Sáenz de Santamaría, avogada de Estado e desde xa responsabel das competencias das administracións territoriais e garante de que a abordaxe xudicial primará na cuestión territorial, barrando o paso a unha fase política de negociación de brazo dado de Rafael Catalá, o executor da estratexia de xudicialización da política.  Entre as novas caras ningunha do PP galego.

O Goberno do estado español fica constituido así:

Vicepresidencia, ministerio da Presidencia e para as Administracións territoriais: Soraya Saénz de Santamaría Antón.

Ministro de Asuntos Exteriores e Cooperación: Alfonso Dastis Quecedo.

Ministro de Xustiza: Rafael Catalá Polo.

Ministra de Defensa: María Dolores de Cospedal García.

Ministro de Facenda e Función Pública: Cristóbal Montoro Romero.

Ministro de Interior: Juan Ignacio Zoido Álvarez.

Ministro de Fomento: Íñígo de la Serna Hernáiz.

Ministro de Educación, Cultura e Deporte e Portavoz do Goberno: Íñigo Méndez de Vigo y Montojo.

Ministro de Emprego e Seguranza Social: Fátima Báñez García.

Ministro de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital: Álvaro Nadal Belda.

Ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación e Medio Ambiente: Isabel García Tejerina.

Ministro de Economía, Industria e Competitividad: Luis de Guindos Jurado.

Ministro de Sanidade, Servizos e Igualdade: Dolors Montserrat Montserral.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off