off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 4 Novembro, 2016 at 8:43 a.m.

A alcaldesa de Berga detida por se opor a despendurar unha “estelada” do balcón do Concello

by

Horas despois do Tribunal Constitucional ter aceptado as competencias de suspender políticos,Montse Venturós,  alcaldesa de Berga (Barcelona), vén de ser detida  por orde xudicial. Segundo informa do xornal ARA, as CUP orzanizaron nas redes sociais protestos diante dos xulgados.


Os Mossos d’Esquadra  detiveron este abrente  á alcaldesa de Berga,  Montse Venturós, na súa casa. Neste intre está detida na comisaria antes de pasar a disposición xudicial. Segundo informa ARA, fontes xudiciais do xulgado de instrución número 1 de Berga abriron duas causas contra Venturós por un delito eleitoral.As dúas veces que o xuiz a citou a declarar non se presentou, por iso agora o maxistrado pescuda o caso por desobediencia.

A Fiscalia pideu a detención

Após incomparecencia, o xuiz pediu un informe á Fiscalía, que foi quen solicitou a detención para que comparecera no xulgados e poder tomarlle declaración. Segundo as mesmas fontes xudiciais, o xulgado informou á alcaldesa das consecuencias que se poderían derivar de non se presentar a declarar.

En maio de 2015, a Assemblea Nacional Catalana (ANC) pendurou duas estreleiras xigantes de lado a lado do Concello de Berga, ao pouco de ser acatada a orde da Xunta Eleitoral, “para reivindicar o dereito de libre expresión do pobo”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off