off
Editorial, Galiza, Movementos sociais, Política — 25 Outubro, 2016 at 10:48 a.m.

Deberían as forzas galegas de esquerda rachar co PSOE nos concellos onde cogobernan ?

by

Após decisión do PSOE de permitir a investidura de Rajoy, deberían as forzas galegas de esquerda ( ANOVA, BNG, En Marea) rachar co PSOE nos concellos onde cogobernan ou pactan? A filtración das grabacións do comité federal do PSOE nas que a porta fechada algúns comisionados recoñecen que aprobando a decisión de permitir a investidura de Rajoy estaban a incumprir coa palabra dada, vén pór de manifesto o devalo desta formación política. Ainda que en minoría, o PP manterá o poder executivo podendo convocar eleccións cando quiser, unha posibilidade que debilita quer o PSOE, quer Ciudadanos.  O feito é que o partido máis corrupto de España gobernará no estado, máis unha vez de brazo dado  de Feijoó en Galiza. Como pensa articular a súa oposición no Parlamento galego un PSG-PSOE que vén de mostrarse tan favorabel á abstención facilitando así a investidura de Rajoy? Seica fixeron campaña para que o PP gobernara?

Mesmo por manter un statu quo que lle é favorabel en Andalucía e Extremadura, a rama galega do PSOE vén de mostrar á luz a súa fasquía de franquicia asimiladísima, lonxe de sacrificarse como en Cataluña, Euskadi, Baleares e Madrid. Porque de terse sacrificado significaría que o PSG tén algo de forza política ao servizo da cidadanía galega e non de tapadeira da estafa dos ERE. Non é que antes o PSG tivera entidade política de seu, é que está ao servizo do partido de orde do sul. Non é que represente un certo galeguismo amabel ao gosto meridional, é que representa os intereses meridionais. Un PSG depuradisimo do que lle restaba de fólego galeguista é o vazquismo. O localismo de Caballero en Vigo. Unha xeira que  sirve para manter as posicións andaluzas  deixando un espazo aberto ás forzas estatais ( Podemos,  e franquicias, Ciudadanos e o propio PP).

Logo de escoitar a Susana Díaz afirmar que “non somos nin bos nin maus, nin de esquerdas nin de dereitas” pola banda gañadora, e a César Luena, secretario de organización con Pedro Sánchez, dicir “estamos a faltar á nosa palabra”, fica nas mans da esquerda manter pactos cun partido que escolleu statu quo fronte á plurinacionalidade do estado, que preferiu un golpe do comité federal e a palabra deturpada á participación directa dos militantes.

 

2 Comments

  1. isto conmigo non pasaba

  2. Deberíase facer un seguimento dos pactos. Exixir que se cumpran. O menor cambio de rumbo eu cuestionaria os pactos. A viraxe do P.E. ao centralismo político é incuestionable. Si o noso compatriota Pablo Iglesias levantara cabeza…..E de galeguista pouco ou nada vexo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off