off
Política, Politica espanhola — 21 Outubro, 2016 at 7:54 a.m.

Pinza PP-PSOE-Ciudadanos a só unha semana da investidura de Rajoy

by

Un primeiro pacto que blinda o bipartidismo aprobando a reforma da lei eleitoral, a de estabilidade e a de impostos de sociedades.En Marea afirmou que este tipo de políticas van en contra das maiorías sociais, as principais prexudicadas.


Cando ainda falta unha semana para a máis que previsibel investidura de Rajoy, a cámara baixa aprobou esta quinta-feira a reforma expreés da lei de estabilidade, que outorgará ao goberno en funcións a capacidade de dicidir o teito de despesa da comunidades autónomas; a reforma da lei eleitoral para reducir a campaña eleitoral á metade en caso de repetición de eleccións e convalidou tamén o decreto ei do goberno español para a subida do imposto de sociedades, que xa entrou en vigor.

Tanto os  socialistas, populares, Ciddáns e PNV  confluiron nas 3 votacións na cámara, entatno que Podemos, Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea eERC  votaran en contra da lei de estabilidade, abstivendose respeito á LOREG. PP e PSOE defenden que votar a favor da reforma da elei de estabilidade é votar polos orzamentos de todas as comunidades autónonmas e para preservar o estdo de benestar. Na práctica trátase de acrescentar o déficit das autonomías do 0’3 ao 0,7 este ano. Ainda que a reforma tamén permitirá que o goberno español controle o límite de despesa das comunidades autónomas.

Alexandra Fernández, afirmou após a votación da reforma da LOREG e do teito de gasto, que “hoxe ficou demostrado no debate de estabilidade orzamentaria que PP e PSOE partillan o mesmo modelo económico e social que lles levou a pactar a reforma do artigo 135 da Constitución”.

A portavoz de En marea criticou a tramitación exprés da LOREG xa que “a chantaxe do PP coa ameaza de elecións o 25 de decembro, foi aproveitou para proceder a unha reforma  de trámite de urxencia dunha lei de tanta envergadura como é a lei eleitoral”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off