off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 19 Outubro, 2016 at 12:01 p.m.

Prospera no Parlamento catalá unha proposición de lei que anula os xuizos sumarísimos do franquismo

by
Exterior da exposición "Franco, Victòria, República" en Barcelona. Foto: Born Creative Commons
Exterior da exposición “Franco, Victòria, República” en Barcelona. Foto: Born Creative Commons

Dignidade para as víctimas do franquismo



O Parlamento  de Cataluña enceta os trámites parlamentares para aprobar a  lei de reparación xurídica das víctimas do franquismos impulsada por Junts pel Sí, Catalunya Sí que es Pot e a CUP. Os grupos apresentaron emendas á totalidade e non houbo que votar.  Uns sesenta netos, fillos, sobriños e bisnetos  dos represaliados asistiron a como prosperaba esta proposición de lei anulatoria. Os deputados recibironos en pé e aplaudentes.

En 2016, arrepía que este sexa o primeiro parlamento do estado español que tira adiante unha lei destas características. Non un acto simbólico, mas un acto xurídico a todos os efectos.

En Cataluña houbo entre  1939 e  1980  81.966 procesos que afectaron a máis de 78.000 persoas  –algunhas con máis dun proceso aberto- das que 3.358 foran executadas. 70.470 eren homes e 7.718 mulleres.

 

“Nós desafiamos e tiramos de acima a lei facista imposta para por fin á impunidade. Os nosos heróis e heroínas terán o pleno recoñecimento  de que son merecentes”, dise Mireia Boya, Membro da CUP que engadiu, desafiando os grupos que non asinaran a proposición a tentaren impugnala: Corran ao Tribunal Constitucional que fechar a sesión. Corran a Europa a dicir que non queren anular sentenzas do fascismo, que queren seguir humillando as súas vítimas”, acrescentou.

 

Reunidos nunha sala contaron como nais e pais foran empresados por defenderen un rexime democrático, avós fusilados por seren alcaldes, mulleres rapadas e vexadas, familias anatemizadas e excomungadas durante décadas,  e outros que levaron un tiro detrás dunha tapia por expresarse ou escribir artigos… A maioría submetidos a xuizos sen probas ou con probas falseadas. Mesmo houbo familia que recibiran o indulto cando o familiar levaba dias morto.

O PSC, expresou que entendía o obxectivo da lei ainda que advertiu dos atrancos competenciais


Para saber máis:

Proposición de lei de reparación xurídica das víctimas do franquismo (en català)

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off