off
Cedeira, Desporte, Desporte Cedeirense, Estado, Galiza — 18 Outubro, 2016 at 07:25

Os veteranos de remo gañan o campionato de España de iola

por Redacción

O equipo de remo de veteranos na modalidade de iola de Cedeira é o actual campión do estado español, un título que se disputou a pasada fin de semana en augas de Gandía. Un total de sete equipos -a comarca de Ferrol estivo representada por remeiros dos clubes de remo de Cedeira e de San Felipe- tomaron parte nunha competición na que a embarcación galega patroneada por Iñaki Puñal López amosou o seu maior podería fronte as embarcacións de Valencia, Andalucía, Navarra e Cataluña.

Damián Rodríguez Garrote, Eduardo e Angel González Villanovo e José Manuel Piñeiro son os catro remeiros galegos dunha tripulación que en pasadas edicións xa tiña acariciado o podio con varias medallas conseguidas de prata e bronce. O tempo foi chegado e despois de ter participado até en once ocasións no campionato de España para veteranos, equipo cedeirense acadou o ouro.

campions-de-espana

 

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: