off
Literatura — 13 Outubro, 2016 at 11:22 a.m.

Bod Dylan, premio Nobel de literatura 2016

by

A Academia Sueca atribuiu a Bob Dylan o premio “por ter criado novas expresións poéticas dentro da grande tradición da canción  americana”.


boddylanO músico norteamericano gaña o  Nobel de literatura 2016, segundo vén de informar Sara Danius en nome da Academia Sueca. Surpresa maior xa que os candidatos principais eran o keniano Ngũgĩ wa Thiong’o, o xaponès Haruki Murakami,  o  siriano Adonis e na última aposta tamén entrara  Don Delillo.

Despois da bielorusa Svetlana Aleksiévitx – a decimo cuarta muller desde 1901, e a primeira en lingua rusa, precedida de Ivan Bunin, Boris Pasternak, Mikhaïl Xólokhov, Aleksandr Soljenitsin e  Joseph Brodsky. Francia continua sendo o país con maís Nobel de literatura. Se ben ao longo da historia o premio fora repartido entre autores populares (Albert Camus,  Günter Grass e José Saramago) comprometidos e mesmo invisibles que foran lanzados ao estrelado ( Czeslaw Milosz, Naguib Mahfouz, Ivo Andric e Halldór Laxness), é a primeira vez  que o Nobel recoñece a fasquía literaria dun cantautor, dun músico decisivo , talvez un dos máis influintes, da historia da música popular occidental. Autor de temas senlleiros, entre outros, como “Knockin On Heavens Door“, “A Hard Rain’s and a-Gonna Fall”, “All Along de Watchtower”,”Subterranean  Homesick Blue”, “Tangled up in blue”,”Blowin in the wind”,”The Times They are a-Changin”, “Just like e Woman”,”Like a Rolling Stone” ou “Hurricane”.

cartaz_premio-nobel

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off