off
Galiza, Opinião, Saúde — 12 Outubro, 2016 at 9:43 a.m.

A túa saúde, o seu negocio

by
amiguismo_sanidade_pp_interviu_2015-05-14
Fonte:Interviu

Segundo veñen de publicar con excepcional sincronicidade o Sermos Galiza, o Praza Pública e La Voz de Galicia, Galiza é un país líder en canto ao grao de privatización da súa sanidade. Na Galiza hai 24 hospitais privados e 29 públicos. Os hospitais privados en Galiza facturan por volta de 260 millóns de euros anuais. Tres son os grandes grupos que se reparten boa parte do pastel galego: Vithas, Quirón e HM Hospitales.

Seica o  capital madrileño e transnacional xa controla a sanidade privada galega e quere facerse co que nos queda de sanidade pública. Entre un dos principales impulsores figura o médico, e expresidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor e que desexa ser lembrado como o promotor, en pleno franquismo, do primeiro hospital policlínico privado de Galiza, con varios centros repartidos polo país nun plan de expansión en Galicia e con tres unidades en Portugal, como informaba o Faro de Vigo en 2009. E que acabou por ser engolido pola corporación NM Hospitales.

albor_pp_rosaleda_interviu
Fonte: Interviu

Nunha reportaxe da revista Interviu publicada en abril de 2015 reflectíasae como xefes de servicio nos hospitais públicos era destituidos inxustificadamente para seren substituidos por afins aos xerentes, “contratos opacos de fundacións sanitarias; concertos con empresas vinculadas a dirixentes populares…”

A corporación madrileña HM Hospitales (o Modelo e o Belén na Coruña e veñen de entrar en La Rosaleda e La Esperanza), afirma que «continúa avanzando» no seu «proyecto de expansión en Galicia» co obxetivo de promover na na Galiza «un modelo asistencial, docente e investigador similar al que el grupo tiene en la Comunidad de Madrid».

Algo máis do que amiguismo. A sanidade é o seu negocio, a túa saúde a súa mercadoria.


Para saber máis:

http://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/elevado-grao-privatizacion-da-sanidade-galega/20161010130726051842.html

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2016/10/11/hm-hospitales-culmina-adquisicion-grupo-gallego-rosaleda/0003_201610G11P28997.htm

http://www.cesm-galicia.org/cesm/wp-content/uploads/interviusanidadgallega.pdf

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off