off
Mundo, Música — 10 Outubro, 2016 at 9:13 a.m.

Abrasión e euforia no Desert Trip

by

Desert Trip, festival musical celebrado na cidade de Indio en California, reuniu vellas glorias do rock o pasado fin de semana. Paul McCartney e Neil Young,  Bob Dylan e The Rolling Stones, The Who e Roger Waters. E por aí foron decorrendo tres dias de saudade, euforia e reivindicación. Como a do sábado: un abrasivo  Neil Young acompañado da súa banda Promise of the Realapoiou a loita da comunidade nativa de Dakota do Norte contra un oleoducto que podería estragar a auga  das súas terras.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=1&v=0MEbJw5Sado

O climax de guitarras, bravú e ingobernabel chegou  cun  “Down by the river”  eufórico onde Neil Young engaiolou o público durante máis de 10 minutos. “Vide mañá porque  Roger (Waters) erguerá  un muro (‘The wall’) e  fará Mèxico grande “, afirmou Young, moi crítico con Donald Trump, en referencia aolema da campaña ‘Make America great again’ do polémico candidato republicano. Velaí o abrasivo  ‘Rockin’ in the free world’, até facerlle xurar ao publico lealdade eterna ao músico canadiano.

Homenaxe a Lennon

Paul McCartney  subiu ao cenario con ‘A hard day’s night’ . Despois caeron ‘Can’t buy me love’ e ‘Day tripper’ cun McMartney brincalleiro.  Alternou temas dos  The Beatles, Wings e os seus propios. ‘ Let me roll it’ e unha lembranza do Jimi Hendrix coa instrumental ‘Foxy Lady’.  ‘I’ve got a feeling’ serviulle para desmelenarse.  Porén, quen gañou os favores do público foi “Here today”, en homenaxe a John Lennon.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off