off
Mundo, Politica internacional — 7 Outubro, 2016 at 11:21 a.m.

A ONU adverte que o leste de Aleppo poderia ser destruído en pouco tempo

by

En dous meses a cidade pode ficar destruida convertíndose nunha Ruanda ou Srebrenica, segundo o enviado especial das  Nacions Unidas na Siria


O enviado especial da ONU para a Siria advertiu hoxe de que a cidade oriental de Aleppo podería ser completamente destruída no prazo de dous meses, se o nivel de violencia segue sendo o actual. Falando a xornalistas en Xenebra, Staffan de Mistura, dixo que a ONU non vai permanecer pasivo, alertando que Aleppo podería chegar a ser outra Ruanda ou Srebrenica. Mistura afirmou que hai 275.000 persoas baixo cerco en Aleppo Oriental, 100.000 das cales son nenos, e alertou que, desde o 23 de setembro tiñan morrido de 375 civís. Resaltou a urxencia dun cesamento do fogo e acceso do persoal humanitario para aliviar o sufrimento da poboación. Ademais, o enviado dirixiuse aos mil combatentes do grupo extremista Al Nusra que se calcula operan en Aleppo ,  para pedirlles deixaren Aleppo con dignidade. “Poderían mirar aos ollos do pobo de Aleppo e dicirlle que o seu grupo ficará alí e que os civís permanecerán reféns porque rexeitan a deixar a cidade ?”, preguntou aos combatentes.

“Gustaríame respostar a esta pregunta. Non para min, mas para as 275.000 persoas. E, se deciden saír con dignidade e coas súas armas ara Idlib ou onde queira que sexa que queren ir, persoalmente, estou preparado para acompaña-los “, afirmou de Mistura. Tamén preguntou ás autoridades rusas e o goberno sirio se pararían o bombardeo e permitirían a presenza da ONU e da axuda humanitaria  se Al Nusra saira do Aleppo. Ademais, dixo que iso non significa o fin do conflito e reiterou a necesidade de relanzar o proceso político para a Siria.

Moustafa Jano Janographic Facebook page.
Moustafa Jano Janographic Facebook (CC BY-NC-SA 4.0)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off