off
Cedeira, Feminismo — 5 Outubro, 2016 at 9:46 a.m.

A cámara municipal de Cedeira asina un acordo para completar os servizos para atender ás mulleres maltradadas

by

O Concello de Cedeira, xunto aos de Cariño, Ortigueira e Mañón, firmou onte un convenio para acceder ás subvencións que concede a Xunta, a través da Secretaría Xeral de Iguadade, aos Centro de Información á Muller.


A tramitación das axudas corresponderalle ao Concello de Ortigueira por ser, dende xaneiro de 2005, a administración da contorna que ten recoñecido o único centro que funciona na zona. Ademais de prestar atención específica ás mulleres vítima da violencia de xénero, o centro contribúe a difusión e sensibilización cidadá acerca do principio de igualdade entre homes e mulleres, fomenta o asociacionismo e a participación das usuarias na sociedade civil e axuda a canalizar denuncias e queixas en materia de discriminación, entre outros cometidos. No que se refire aos casos de maltrato, segundo sinalou a primeira tenente de alcalde, María Xosé Rodríguez(BNG), Cedeira “ten a posibilidade de completar as prestacións que os Servizos Sociais xa ofrecen ás mulleres maltratadas”. En concreto, o goberno cedeirés valora moi especialmente a asesoría xurídica e os temas de formación aos que así tamén poderán acceder as cedeiresas que os requiran.

O Concello conta coa axuda dunha psicóloga para atender ás mulleres que son vítimas da violencia machista. María Xosé Rodríguez recoñeceu que en Cedeira, “por desgraza”, tamén existen casos de maltrato, unha problemática que no que vai de ano xa acobou coa vida de 36 mulleres.

Nota da imprensa: Pingota Comunicación

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off