off
Economía, Galiza, Política, Politica espanhola, Traballo — 4 Outubro, 2016 at 8:20 a.m.

Galiza remata setembro con 1.291 desempregados máis

by

0,67% máis,  que se concreta en 6.218 afiliados menos á Seguridade Social e  657.042 contratos temporais acumulados, o 92,5%, fronte aos 53.209 indefinidos.


O paro rexistrado no Estado en setembro aumentou 22.801 personas en relación ao mes anterior segundo datos publicados esta terza-feira polo Ministerio de Emprego e Seguranza Social.

Galiza ten 1291 persoas máis no paro de un total de 194.336.  76.918  na Coruña (aumentando en 756),  18.950 en Lugo ( con máis 577), 77.419 en Pontevedra (361 máis). Só Ourense diminiu o número de persoas no paro ( -403) se ben continuan no paro 21.049 persoas.

Ainda que o número de afiliados aumentou en 15.415 persoas respeito a 2015 ( en total 972.887), o diferencial de 5 milleiros coa alta de cotizantes apunta, coma sempre, á endémica causalidade: a emigración que non cesa, a economia informal, a  fuxida da poboación activa e a retirada voluntaria das listas de paro despois de non atopar traballo.

Temporalidade

A contractación medrou en Galiza en 6.279 persoas respeito a agosto (+7,2%) até acadar 93.788, 6.325  persoas máis que en agosto de  2015. Porén,  os contratos  temporais son maioría: 87.022  fronte aos 6.766 indefinidos.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off