off
Cedeira, Enerxías, Política local — 2 Outubro, 2016 at 8:29 a.m.

Instalan estufas de biomasa nos locais veciñais

by
Escola_1924_esteiro-cedeira
Escola de Sisalde-Esteiro

O Concello de Cedeira vén de instalar estufas de biomasa atendendo ás necesidades expresadas polas asociacións de veciños, o Concello de Cedeira vén de colocar estufas xeradoras de aire quente, de pellets, en varios locales de propiedade municipal para poñer en valor o patrimonio das parroquias e para que os veciños poidan disfrutar das súas actividades ao carón da súa casa. Estes obxectivos son os que están detrás do sistema de calefacción xa instalado nos escolares de Saa (Esteiro), Figueiras (Montoxo), Escolar de San Román, Albergue Os Pinos (Santalla) e no Palacete Municipal. Este novo equipamento únese á estufa que xa viña funcionando con anterioridade no escolar de Sisalde Maior.
As estufas de biomasa, da tipoloxía de aire, teñen unha potencia instalada de 9,05 kw e un redemento do 92,70%. O obxectivo final da súa instalación é acadar unha axeitada climatización para o uso dos espazos cun tipo enerxía económico e medioambientalmente máis sustentable.
O pellet é un combustibel totalmente ecolóxico coa ventaxa de que non aumenta as emisións de CO2 á atmósfera. O aforro enerxético que se obtén dos pellets é moi importante grazas seu baixo peso fronte a outros combustibles como o gasóleo, propano, butano e a electricidade.
A empresa adxudicataria, despois de presentar a oferta máis ventaxosa, foi “Casa y Baño-Star” por un importe de 11.979 € IVE incluído. As estufas son Dislume modelo Can.
O subministro e instalación está subvencionado no marco das axudas do Inega (Instituto Enerxético de Galicia) para Proxectos de Equipamentos Térmicos de Biomasa para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder-Galicia 2014-2020. Financian, xunto ao Concello de Cedeira, Xunta de Galicia e Feder.

Nota de imprensa: Pingota Comunicación


Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off