off
Eleccións 25-S 2016, Galiza — 25 Setembro, 2016 at 11:12 a.m.

Distribuen na Coruña papeletas de En Marea correspondentes a Pontevedra

by
colexioeleitoral_nicolasdelrio-20160925-wa0009
Colexio eleitoral Nicolás del Rio de Cedeira,este mediodia

Segundo vimos de saber, por un erro da empresa distribuidora repartíronse en varias zonas da Coruña papeletas de En Marea correspondentes a Pontevedra. A Xunta Eleitoral tamen prohibe aos apoderados do PP que mostren carpetas coa imaxe de Feijoó

A Xunta Eleitoral de Galiza (XEG) rexeitou a alegación formulada por En Marea en relación a este erro de distribución de propaganda por considerar que o dereito do eleitor está salvagardado na medida en que no colexio eleitoral deben de haber papeletas válidas de todas as forzas políticas concorrentes de entre as que pode escoller a desexada. A XEG baséase nun suposto semellante do ano 2007 e considera que non trascende as garantías que deben existir no proceso eleitoral que alicerza en que existan papeletas válidas de todas as forzas política concorrentes alí onde se exerce o voto.P

Non válidos

A Xunta Eleitoral ditaminou que as papeletas de En Marea doutras provincias non deben considerarse válidos, sen prexuizo que a decisión final é das mesas eleitorais

A Xunta Eleitoral prohibelle aos apoderados que mostren carpetas coa imaxe de Feijoó

Os interventores e apoderados  levaban carpetas coa imaxe de Feijoó e o lema de campaña. A Xunta Eleitoral de Galiza estimou unha reclamación do BNG relativa a ordenar a retirada de carpetas do PP con lemas ou eslogans de campaña que levan os interventores e apoderados deste partido.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off