off
Movementos sociais, Política, Politica espanhola — 22 Setembro, 2016 at 9:23 a.m.

O Congreso acurrala a Fernández Díaz pola operación Cataluña

by

 Todos os partidos agás o PP avalan crear unha comisión de investigación sobre as manobras do Ministerio do Interior


Jorge Fernández Díaz terá que explicarse diante do Congreso sobre a denominada operación Cataluña.  PSOE, ERC e o PDC acordaran debater e votar no pleno da cámara baixa da terza-feira da semana que vén a criazón dunha comisión de pesquisa sobre a denominada policia patriótica  do ministerio do Interior. De concretarse, seria a primeira pescuda do Congreso dende os atentaos do 11-M no 2004.

Con probabilidade, o PP volverá a ficar só no hemiciclo español no rexeitamento desta iniciativa.  Rafael Hernando, portavoz popular, culpou o PSOE de facer o “traballo suxo” aos independentistas para gañar o seu favor de cara un goberno “ Sanchestein ”, con Pedro Sánchez á cabeza con apoio de Podemos, ERC e PDC.

Unha comisión de pescuda que chega logo de 9 meses de goberno en funcións de Rajoy. Dende o 20-D negouse a render contas diante das Cortes alegando que está en funcións. Porén, ausentarse da cadeira cando te chamaron a unha comisión desta fasquía supón un delito de desobediencia e no caso de que a persoa comparecente sexa un funcionario, pode enfrontalo a unha pena de inhabilitación.

Mas Fernandez Diaz pode non ter de dar explicacións até meados do próximo ano. Se non se formar goberno no estado e nos levaren a unha terceira eleición, o Parlamento disolverase en 31 de Outubro sen ter comezado o proceso de investigación. Neste caso, na próxima lexislatura deveriase re-aprobar a criazón da comisión.

O ministro Fernándaz Días afirmou en Pamplona – nun acto de entrega da bandeira española á guardia civil- que  “queren gañar a guerra 40 anos despois”. Unha resposta á decisión do Concello de Pamplona de exhumar os restos dos xenerais franquistas Mola e Sanjurjo da cripta do Monumento aos Caidos  na capital navarra.

Outra coza será decidir quen é chamado a depor, alén Fernandez Diaz. O PDC ten o ex-diretor  da “Oficina Antifrau de Catalunya” [ Loita Antifraude da Cataluña] Daniel Alfonso e o inspector xefe Jose Angel Fuentes, que supostamente tiña a misión de ir para a Suíza e entregar un  millón de euros e meio a un informador en troca de detalles específicos sobre supostas contas irregulares do ex-alcalde de Barcelona, Xavier Trias, de acordo coas últimas informacións.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off