off
Movementos sociais, Politica internacional — 15 Setembro, 2016 at 10:21 a.m.

Unha frota navega en direción a Gaza para denunciar o bloqueio israelense

by

Vinte activistas de Women’s Boat to Gaza sairon en dous veleiros do porto de Barcelona con destino á franxa  co obxetivo de chegar o 1 de Outubro


womens_boatUnhas vinte mulleres a bordo dos veleiros ‘Amal’ (Esperanza) e ‘Zaytouna’ (Oliva) zarparon do peirao Bosch i Alsina do porto de de Barcelona, na cuarta-feira 14 de setembro do porto de Barcelona para solidarizarse cos palestinos da franxa de Gaza.
A última iniciativa da coalición Flotilla da Liberdade quer suliñar o papel da muller na sociedade palestina,  levando a cabo unha misión humanitária e enviar unha mensaxe de esperanza e de solidariedade ao pobo de Gaza. O WBZ leva  vinte políticas notábeis, activistas, artistas culturais e meios de comunicación de todo o mundo. Estes incluen a Nobel da Paz e ativista Mairead Maguire, a eurodeputada sueca Malin Björk, o dramaturgo americano Naomi Wallace, e a atleta turca e treinadora Cigdem Topçuoglu, cuxo marido foi morto no ataque israelense à flotilha Mavi Marmara, en 2010.
[youtube]https://www.youtube.com/watch?v=M9nlMxp9eHU[/youtube]
Gaza ten estado sob ilegal bloqueio israelense durante a última década, e tense tornado unha prisón ao ar libre para 1,8 millóns de persoas. Durante este tempo, Israel lanzou tamén inúmeros ataques contra a poboación sitiada, transformando suas vidas  nun pesadelo e nunha loita contínua.
Ana Miranda
Aproveitando a participación nos actos de despedida de Women’s Boat to Gaza, a eurodeputada Ana Miranda – que sofreu na anterior flotilla a violenta abordaxe do barco Marianne  por parte de soldados israelenses-  atopouse con galegos e galegas que moran en Cataluña para lles explicar de primeira man a extrema situación que vive a población de Gaza e a nula vontade e mesmo compricidade amosada polos gobernos europeos para pór fin a esta situación,  e a fulcral importancia que a socieadade civil promova este tipo de iniciativas.
 [youtube]https://www.youtube.com/watch?v=Lf_Z5tkg3PY[/youtube]

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off