off
Galiza, Movementos sociais, Politica espanhola — 9 Setembro, 2016 at 9:57 a.m.

O restaurante de Pontevedra onde se canta o “Cara al sol” despois dunha mariscada

by

Móstrao un audio da sección “Propòsit d’esmena” do programa El Matí de Catalunya Ràdio, da Ràdio Nacional de Catalunya: “Imagina’t que estàs dinant tranquil·lament en un restaurant i, de sobte, la propietària s’aixeca i comença a cantar el “Cara al sol” enmig del menjador… això i altres perles passen en un restaurant de Pontevedra“.[Imaxine que está a xantar relaxado nun restaurante e, de súpeto , érguese a propietária e comeza a cantar “Cara al sol” no meio da sala … e outras pérolas que acontecen nun restaurante en Pontevedra]

Velaí o dantesco, máis ben infame espectáculo, que a señora propietaria do restaurante “Casa Olga” oferece aos seus clientes, paseándose por medio da mesas cantando o himno da Falanxe Española das JONS, animando a sumarse á cantada orxiástica mentres exhibe a bandeira  franquista –a do escudo coa águia de San Xoán- e o altar que ten montado no comedor con imaxes de Franco e alguns personaxes antigos e actuais do PP.

A verdade ás veces ten a estructura dunha ficción con actores reais, unha performance real onde a brutalidade latente reaparece dun xeito lamentabel, mesmo ridícula, mas ainda asi ela retorna. Taltez neste patético espectáculo de nostalxia amóstrense as nosas fallas: o legado dunha democracia sen demócratas. Para que dure canto medo deberon pasar, canta impotencia! Unha visión triste. Certo é  que o máis grave do espectáculo é que os clientes recunquen, como cantaba Brassens,  “seguindo ao abandeirado”.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off