off
Europa — 8 Setembro, 2016 at 11:30 a.m.

O Reino Unido ergue outro muro da vergoña coa aprobación de Francia e a UE

by

Os refuxiados da “jungle” de Calais  terán outra dificultade máis, un “paredón atlántico”  de catro metros de altura e un quilómetro de comprimento que barra o paso á canle da Mancha.  Mais unha mostra do devalo e fracaso da política europea e francesa en materia de dereitos humanos e que exectuará a Gran Bretaña disque para  “protexer a estrada que leva ao porto de Calais”, anunciou  subse­cretario de Estado para a migración, Robert Goodwill diante do Comité de Interior do Parlamento de Westminster.

A passagem mais estreita entre a Inglaterra ea França, de Dover a Cabo Gris -Nez , visto pola NASA em uma imagem de 2002 por satélite.
A pasaxe mais estreita entre a Inglaterra e a Franza, de Dover a Cabo Gris -Nez , visto pola NASA nunha imaxe de 2002 por satélite.

O paredón circunvala prácticamente  o campamento de  10.000 persoas de Calais  e costará 2,2 millións de euros do fondo de axuda que en marzo David Cameron , na altura “premier”, ofereceu a París para defrontar as disrupcións que provoca a presenxa de migrantes nos arrabaldes do Eurotunel e do porto. 

Seica entre agosto e setembre aumentaran as denuncias realizadas por camioneiros con destiono aos ferris ou ao Eurotunel, baseándose nas agresións que fan os refuxiados para que os deixen subir aos camións e poder atravesar a canle.

Os activistas de Auberge des Migrants, declararon a The Guardian que “este muro é a última expresión de quilómetros de valos, vixiláncia e seguridade xa existentes”.

A  xente irá máis aló para arrodealo. Cando se ergue un muro, a xente procura formas de rodealo.  per rodejar-lo. “É un malgasto de cartos que o tornará mais perigoso para as persoas aumentado a súa vulnerabilidade fronte as mafias que trafican coas persoas; a xente acabará correndo máis risco”, afirman.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off