off
Comunidades Galegas, Mundo — 8 Setembro, 2016 at 07:16

A RAG difunde a carta que o irmandiño Lois Porteiro dirixira en 1918 aos galegos emigrados

por

Os fondos da Academia oferece unha sección das Irmandades da Fala que fornece entre outros o discurso que Porteiro Garea pronunciou na fundación das Irmandades da Fala de Santiago de Compostela


Sabido é que as Irmandades da Fala procuraran apoios ás  reivindicacións soberanistas entre os chamados “americanos”, que era como denominaban aos emigrantes galegos da época e a quen se dirixe  o catedrático de Dereito e político Lois Porteiro Garea no opúsculo  A los gallegos emigrados. O texto, escrito en Vilalba en xuño de 1918 e editado pola Propaganda das Irmandades da Fala  apenas dous anos despois da súa fundación, explica as razóns da falta de apoio da maioría dos industriais e comerciantes á causa das Irmandades e anima a que ese baleiro o cubran os galegos establecidos en América, “no actuando de nodrizas nuestras, sino encargándose de apoyar el movimiento en el orden moral y en el económico en la medida que crean conveniente, con organizaciones autónomas para esos fines”.

O político compostelán salienta entre as accións máis urxentes a creación dun Instituto de Estudos Galegos.

O opúsculo apreséntase como a resposta á petición que recibiu Porteiro Garea de redactar un traballo sobre o rexionalismo galego para a súa difusión entre a comunidade galega en América.

O letrado vilalbés salienta que non quere que traia “un céntimo a nuestra manos”, senón que ansía que promova a constitución de organizacións rexionalistas de emigrados nas “Repúblicas americanas” que ordenen os seus fondos e que os dediquen “a la labor que juzguen más eficaz”.

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
A %d blogueros les gusta esto: