off
Cedeira, Cultura, Mar e Pesca — 7 Setembro, 2016 at 7:08 a.m.

O Mares de Cedeira recibe 2100 visitantes no primeiro mes e medio

by

O Mares e a escola Nicolás del Río xa proxectan a elaboración dunha unidade didáctica para a promoción do museo no ámbito escolar.


maresdecedeira_lancha_OLLAPARO maresdecedeira_maquetas_barcos_OLLAPAROUn total de 2.100 persoas coñeceron o Museo Mares de Cedeira dende a súa inauguración, que tivo lugar o día 23 de xullo. Estes resultados levan aos representantes da Asociación Mares de Cedeira -xestores da exposición- a sinalar que “o museo cumpre con moito os nosos obxetivos”. Galegos, nomeadamente excursionistas das Rías Baixas e turistas do estado español, son algunhas das procedencias dos visitantes  que fixeron un alto no camiño para coñecer os máis de 3.000 obxectos que dende hai 40 días pódense ver no baixo da Confraría de Pescadores de Cedeira.

Responsables da entidade recoñecen estar moi agradecidos pola boa acollida que está a ter a exposición e salientan, de maneira moi especial, a colaboración que veñen recibindo, incluso antes da súa inauguración, por parte da Sociedade Galega de Historia Natural para axudar a contextualizar algúnhas das pezas.

Conta tamén coa colaboración de  APADER que fixo as camisetas, as puchas e as mochilas que se venden na loxa do museo

maresdecedeira-fabricasalgado_20160907-OLLAPARO
Maqueta dunha fábrica de salgado de peixe. Foto:FI

Membros da Asociación Mares de Cedeira teñen previsto reunirse nos próximos días con responsables da Escola Nicolás del Río a fin de traballar na elaboración dunha unidade didáctica para a promoción do museo no ámbito escolar.

 

Até o 15 de setembro, o museo abrirá mañá e tarde. A partir desa data só o fará polas mañás, de 10.30 a 13.30 horas


Ao mellor tamén che interesa:

O Museo Mares de Cedeira reaviva o interese polo patrimonio

Mares de Cedeira: “O museo pode chegar a ser un referente do pobo”

Mares de Cedeira

A historia pouco coñecida do “Parque-Escuela de Ostreicultura de Santa Marta de Ortigueira” (1876-1887), unha instalación pioneira na explotación de recursos mariños en Galicia

Como se iniciou a investigación pesqueira. A actividade pioneira da Empresa de Pesca de Galicia (1788-1789)

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off