off
Cedeira, Ecoloxía, Meio ambiente, Política local — 4 Setembro, 2016 at 8:02 a.m.

A pesar da brétema houbo campaña de limpeza da Herbeira

by

voluntariadolimpeza_HERBEIRA-20160903-1_OLLAPAROO característico efecto Föhn -que retén as nubes creando brétema na vixía de Herbeira e nos outeiros da Capelada- dificultou a campaña de limpeza convocada polo Concello de Cedeira para limpar o refugallo que deixou a organización da Vuelta Ciclista a España e o público asistente a 4ªetapa. Malia as tarefas de recollida realizadas dias antes polas brigadas de limpeza dos Concellos de Cariño e de Cedeira, esta tarde bretemosa retiráronse tres grandes bolsas  con restos de plásticos e papeis que ficaran enguedellados nas urceiras e brezais.

Os concelleiros de Cultura e Urbanismo, María Xosé Rodríguez; de Medio Ambiente, Camilo Casal; de Xuventude, Manuela Gómez; de Educación, Robustiano Labraña, e o xeólogo Francisco Canosa encontrábanse entre os participantes.

A responsabel de Cultura explicou que foron moitos os coches que subiron até a zona “pero daban volta porque non se via nada”. De todas formas, segundo a concelleira, “a garita quedou limpa” malia a brétema.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off