off
Cedeira, Cultura, Teatro — 2 Setembro, 2016 at 7:00 a.m.

Primeiro Certame de Teatro Afeccionado de Cedeira

by

A iniciativa, da que se publican agora as bases, nace con intención de permanencia e co obxectivo de dar a mellor e máis completa visión do panorama do teatro amador que se fai en Galiza. O 4, 11 e 18 de novembro no Auditorio Municipal 


auditorio_Cedeira_OLLAPARO
Auditorio de Cedeira

Alén de fomentar a cultura en xeral esta iniciativa direccionase a impulsar as artes escénicas  a través dun certame instrumental que sirva para achegar a creación teatral a un amplo sector de poboación, ao tempo que sirve de viveiro de creadores e consolidación de compañías de teatro amador.

A Concellería de Cultura organiza o programa entre o 4, 11 e 18 de novembro no Auditorio Municipal e dá a coñecer agora as bases de participación. Trátase dunha convocatoria aberta a todos os grupos que poidan estar interesados, dos que se seleccionarán tres que recibirán unha axuda económica de 400 euros. Cada compañía presentará a concurso o número de obras que desexe, das que só poderá ser elixida unha.

Todas as pezas terán que ser representadas en galego e os dereitos de posta en escena das obras correrán a cargo do Concello, como organizador do certamen, mentras que a autorización do autor será responsabilidade dos grupos participantes.

O prazo límite de inscrición e entrega da documentación conclúe o 5 de outubro de 2016. En canto á tramitación, terá que ser por escrito, facendo constar dende o título de espectáculo e autor ata as características técnicas como medidas da escenografía e plano de luces. No modelo de inscrición figurarán tamén nome e apelidos, teléfono, domicilio fiscal e unha declaración do responsable de que a compañía ou grupo non está incursa en ningunha das causas de exclusión previstas na Lei Xeral de Subvencións. Será imprescindibel presentar, xunto coa inscrición, un vídeo do espectáculo completo, en formato DVD. Este material utilizarase para as tarefas do comité de selección, aceptando os grupos que poida ser visualizado polos membros deste comité e por cantos asesores sexan requiridos por eles. Este formato tamén pode ser substituído por unha ligazón a web, con calidade de imaxe e son suficientes.

A inscrición poderá presentarse en persoa nas oficinas do Concello 0 tamén no rexistro de calquera órgano administrativo pertencente á Administración Xeral do Estado, no de calquera Administración da Comunidade Autónoma ou nas oficinas de Correos. Nestes últimos casos, deberán ser logo enviados por correo postal, dirixidos a: I CERTAME DE TEATRO AFECCIONADO DE CEDEIRA.Concello de Cedeira. Rúa Real, 15; 15350 Cedeira, A Coruña. No caso de optar polo correo electrónico a documentación terá que ser remitida a: enrique.vazquez@cedeira.es

Xunto coa inscrición as compañías deberan apresentar unha pequena reseña biográfica do grupo, dossier de imprensa, certames nos que tomaron parte e cartel da obra e máis un programa de man da peza a representar. A selección das obras será realizada por unha Comisión formada por persoas nomeadas pola Concellería de Cultura do Concello de Cedeira. Trátase de elixir os tres espectáculos que formarán o cartaz da que será a primeira edición do certame.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off