off
Política, Politica espanhola — 31 Agosto, 2016 at 8:47 a.m.

Rajoy incapaz de agochar o seu devalo

by

A comparecenza de Mariano Rajoy no Concreso ás catro da tarde foi mesmo narcótica. Ainda que a estratexia de Rajoy facendo de Rajoy foi a que  máis  lle ten funcionado, despois do discurso semella que o presidente en funcións é refén dunha leitura errada dos resultados do 26-X, no que gañou 14 deputados (137) ainda que a grande distancia da maioría absoluta (176).  Rajoy non ten opoios de abondo para ser investido nen en primeira nen en segunda quenda de votacións. O seu discurso non convenceu nen a Ciudadanos, esa caste de políticos lanzadeira  para recargar a dereita española. Conscente do fracaso ao que está abocado, a falta de seducción deixou ao vivo a fasquía do rexistrador da propiedade, incapaz de agochar o seu devalo xa que tamén estaria implicado na suposta chantaxe do Estado ao Banca Privada  d’Andorra (Moragas tería mediado para informarse sobre Artur Mas e Oriol Junqueras).

Ficou o trámite entrefrebado de mencións á loita contra a corrupción (esquecendo a Bárcenas e o procesamento do PP) e atribuirse o mérito que a economía española non fose “rescatada” pola UE e a moeda non fose devaluada (esquecendo o  multimilionario rescate bancario e a política monetaria do euro que depende do Banco Central Europeo e cun desemprego  do 21%).

A diferencia de Cataluña, presente no que agora se denomina “problema español” e que actua de pegamento entre forzas aparentemente irrconciliables, Galiza non existiu no discurso nun presidente que seica  é galego, mas os feitos son os contrarios. Xa se sabe que o leite fervido bota unha pelica por encima.

O PP e Ciudadanos, unidos pola visión da España “Una”, tentaron presionar o PSOE dubidando do seu espírito patriótico. O paradoxo  foi Rajoy argumentando contra os que “plantexan a liquidación da soberanía nacional” que “todos os españois deben ter o dereito a decidir sobre a súa propia nación” ou a citación constitucional do paso de “súbditos a cidadáns”. Acontece que Rajoy ainda non se decatou que hai quen non queren ser súbditos, mas cidadáns de nacións diferentes.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off