off
Cedeira, Cultura, Música, Pintura — 29 Agosto, 2016 at 6:40 a.m.

Concerto benéfico do pianista Martín Otero e a Asociación de Acordeóns de Cedeira a favor de AFAL

by

concertosolidario_AFALO Auditorio Municipal de Cedeira acollerá o vindeiro mércores, 31 de agosto, dun concerto solidario a favor de AFAL Ferrolterra, Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Ferrol e comarca). O Concello de Cedeira colabora na celebración desta atdividade, que dará comezo ás oito. Actuarán no concerto a Asociación de Acordeóns de Cedeira, que interpretará o seu mellor repertorio neste evento tan especial, e o virtuoso do piano e xove promesa Martín Otero Ferreira. As entradas para asistir están xa á venda ó prezo de dous euros e poden adquirirse por anticipado na sede da asociación –rúa Río Castro, 43-45 baixo, Ferrol- ou o mesmo día do concerto.

Dende AFAL Ferrolterra, a súa presidenta, Ana María López, agradece moi especialmente tanto o apoio brindado polo Concello como a colaboración desinteresada de Martín Otero Ferreira e a Asociación de Acordeóns da vila.

Certame de pintura rápida

O Certame de Pintura Rápida Vila de Cedeira terá lugar o próximo domingo, día 28 de agosto. Trátase de convidar a afeccionados e profesionais da pintura a mostrar diferentes realidades dos recunchos máis coñecidos da vila. A inscrición pódese formalizar o mesmo día do concurso no posto de turismo do paseo da Marina, entre as nove e as once da mañá. As persoas interesadas poden ter máis información a través do número de teléfono 680 473 273. A organización dispón dun total de 1.300 euros para distribuír entre os tres primeiros clasificados, de maneira que o primeiro recibirá 600 euros; o segundo 400 e o terceiro 300, ademais dos diplomas correspondentes.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off