off
Galiza, Política — 25 Agosto, 2016 at 5:50 p.m.

Haberá debate a 5 na TVG para o 12S

by

Nas primeiras eleccións ás que se presentou Feijoó como candidato negouse a debater na TVG con PSdeG e BNG por ser un “teatrillo amañado”


A TVG e a RG oferecerán  un debate a 5 para o 12S, 13 días antes da votación e en prime time, tal e como demandou onte o BNG. A Feijóo, Leiceaga, Pontón, Villares e Losada, sumarase  Cs  e En Marea. Ciudadanos  non está representado no Parlamento do Hórreo, nen no  Congreso en ningunha das circunscricións galegas e En Marea, parcialmente, composta entre outras, por Anova e Esquerda Unida, as forzas que criaron AGE.

Feijóo afirma estar “disposto a debater con todas as forzas políticas” tras a proposta da CRTVG para reunir os líderes de PP, PSdeG, BNG, En Marea e Ciudadanos, que xa aceptaron a oferta. En 2009 e 2012 o PP negouse a debater cos líderes socialista e nacionalista. Porén, o BNG e PSG defenderon tamén  que as e os candidatos protagonicen non só un, senón un debate “a dous” entre os seus candidatos e Feijóo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off