off
Cedeira, Meio ambiente — 22 Agosto, 2016 at 7:05 a.m.

O Concello de Cedeira recomenda non bañarse na praia de Area Longa despois de seren detectados altos niveis de contaminación bacteriana

by

Foto: Alberte Couto

Trátase dunha medida puntual, segundo apuntou a concelleira de Urbanismo, María Xosé Rodríguez, quen asegurou descoñecer a orixe da contaminación. A edila aclarou que a medida obedece ao resultado da analítica levada a cabo por Sanidade da Xunta na xornada do día 16 de agosto. Explicou ademais que as medicións, moi elevadas para as que viñan sendo habituais na zona, foron notificadas ao Concello vía fax na tarde do pasado xoves, e que esta mañá o Concello trasladaba a recomendación aos usuarios da praia coa instalación de carteis nas proximidades da mesma. O goberno de Cedeira confía en que co paso dos días os niveis vaian indo a menos, unha cuestión que se porá de manifesto o día 23 coa realización dunha segunda analítica.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off