off
Cedeira, Festas, Música — 14 Agosto, 2016 at 5:10 p.m.

Pandeiro !

by

Xabier Díaz apresentou nas festas de Cedeira, acompañado dos irmáns Álvarez (Gutier e Javier, violino e acordeón) e as doce percusionistas Adufeiras de Salitre (as súas alumnas de canto e percusión ) o seu último disco, The Tambourine Man.

A percusión trouxo a sonora redondeza na que alicerza a tradición musical galega: o repique do pandeiro. Sons e voces que saben a mar e terra e que o público presente na Praza Roxa soubo recoñecer e gorentar con bailado, polavilas, pasodobres e fiadas…Espírito aventureiro na procura da tradición sob  fasquía contemporánea.xabierdiaz

Xabier Díaz, o noso  Mr. Tambourine Man de excepción, tocou unha boa presiña de cancións para acordar os pés  dormentes, para rir e xirar danzando fora da praia bretemosa, para lembrarnos que as  rimas enroladas da música tradicional moldan as nosas danzas e  guian o noso camiño.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off