off
Cedeira, Desporte, Desporte Cedeirense, Medio ambiente — 10 Agosto, 2016 at 19:30

Recicla vidro e pedalea

por Redacción
Ollaparo_Bici51O Concello de Cedeira participa da campaña “Recicla vidro e pedalea” que a empresa Ecovidrio fai coincidir coa celebración de “La Vuelta Ciclista España 2016”, unha proba que pasará polo municipio o día 23 de agosto. Esta iniciativa de sensibilización consiste en acadar a participación dos veciños mediante a convocatoria dun concurso que llevará aos cedeireses a reunir o maior número de envases de vidro posible nos cinco contedores distribuídos para a ocasión. Con estes envases confeccionarase trofeo sostible do gañador da etapa Betanzos-San Andrés de Teixido. O trofeo, froito da acción participativa dos ciudadáns, simboliza o esforzo tanto dos ciclistas en cada unha das etapa como dos veciños por cuidar o medioambiente.Segundo os últimos datos do 2015, os veciños de Cedeira reciclaron un total de 123.427 quilogramos de vidro, o que supón unha media de 17,4 kg. por habitante. Respecto ao número de contedores, no municipio hai un total de 56, o que supón un por cada
126 habitantes.
Nota de imprensa: Pingota Comunicación

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: