off
Cedeira, Fin de semana, Música — 3 Agosto, 2016 at 11:17

Disc@lzos polo Festival e homenaxe a Paco de Lola

por Fernando Igrexas
discalzos20160803-mapafestivais

Con só un ano de andaina, GZ Música vén de inserir Disc@lzos polo Festival no mapa galego de festivais musicais

Fin de semana de diversidade musical.


Esta fin de semana que se presenta plena de actividade lúdica, música e diversión coincide co primeiro aniversario e presentación  d@s Discalz@s polo Festival que no seu primeiro ano de existencia xa logrou deixar pegada cunha estela de festas xa realizadas que lograron deixar no noso concello un selo innovador  no seu xeito de facer, visibilizando e animando a vida cultural dende o prisma da diversidade musical e a creación de proxectos que de non ser pola súa recente existencia terían quedado na marxinalidade ou irrelevancia ou simplemente nunca terían acontecido. Velaí aquí a novedosa filosofía desta asociación de gran mérito e suceso da que me sinto tan feliz de pertencer.
Non faltan as tensións propias da organización e os nervios que provoca a intensidade de última hora posto que o traballo e formulación previo é a chave para o resultado do bo suceso e lograr que os dous días de homenaxe e festa desta fin de semana teñan a calidade que procuramos e deixen no recordo de locais e alleos sensación de satisfacción e alegría pois esa sempre foi a intención dende o parto deste soño sen ánimo de lucro; o espallo dos sorrisos.

Homenaxe a Paco de Lola

 PacodeLola_Homenaxe-20160715-OLLAPARONesta ocasión dous son os días de actividade programada aínda que o primeiro, a Homenaxe a Paco de Lola consideramos como distinta en toda a súa concepción a respecto da festa do sábado.
Tanto pola organización desta, como pola voluntariedade das grandes bandas participantes e que formaron parte da vida musical e das amizades de Paco na súa etapa cedeirense e norteira, como tamén polo que este acto de memoria representa, acto que para nada pretende ser solemne, senón todo o contrario, desexamos o encontro divertido de amigos, coñecidos e admiradores que a Rufus lle faría feliz. A mágoa deste ser e non ser que é a existencia para min, é a certeza de que Los Flaming Guays, a última banda e proxecto de Paco estaría participando da festa deste sábado, así o tiña falado con el .
Dentro da programación da homenaxe temos como inicio unha visita á 1 do mediodía do venres 5 ao cemiterio cunha pequena ofrenda e acto de lembranza amiga e aberta a tod@s cantas poidan e queiran achegarse a saudalo e recordalo.
A partires das 9 da tarde noite comezará o espectáculo musical que vai ser una conxunción de estrelas e de música de moita calidade interpretada por quen dun xeito ou doutro formaron parte da súa primeira etapa artística, digamos a súa etapa galega, non detalle menor que a que hoxe é considerada a mellor banda de garaxe de Galiza,  OS MARUXA após 25 anos de disolución de novo sobe aos escenarios para recordarnos neste caso no ámbito do mundo musical como di o lema de OLLAPARO que o universal é o local menos os muros  :
-Los Garley
-The Hellbuckers
-Bang 74
-Superseres
-Os Maruxa
-Os Reboiras

Discalz@s polo Festival

O sábado 6 comeza cedo xa a Discalz@sFestival propiamente dita, fidel á súa concepción inicial e onde iniciamos esta edición de verán 2016 cunha Sesión Vermú ao mediodía amenizada por Brass Band e Os Carecos onde podermos degustar unhas cuncas de Callos e comezar con bo pe o que vai ser un dia festivo e para a lembranza
A tarde virá cargada de actividade e xogos para @s nen@s entre as 4 e as 8 da tarde e solicitamos aos seus país colaboración para que disfracen aos miúdos e así encadrar a festa dentro do Carnaval de verán que o concello está a organizar para a tarde noite da xornada, e onde non faltará a merenda para eles ademais, de novo imprimiremos como ano pasado un novo tapiz coas súas pegadas con pinturas de diversas cores e que gardamos como ouro en pano para amosar no futuro o seu paso polos inicios deste soño colectivo de amizade onde nesta ocasión temos unha notábel mellora de instalacións e sonido .
Xa, sen tregua para o descanso da organización comezará a noite coas actuacións programadas destas magníficas bandas que encherán a tarde noite e a Ria de Cedeira de grandes momentos para o recordo deste verán do 2016 :
-Riff Raff
-Jhana sonido electrorgánico
-Say my name
-Os Benignos
-TardePiache
A dúas xornadas terán lugar na explanada da Praza de Revolta, no Paseo Marítimo do Camiño real da Madalena.
Dende a organización de Discalz@s polo Festival animamos a veciños e visitantes a achegarse e animarse a participar deste suceso, a deixar a mágoa e o apuro na casa, sacar o mellor dos sorrisos e a acudir na procura de diversión, gozar da diversidade musical ofertada, das viandas e refrixerios e lograr entre tod@s nesta fin de semana que sexan dúas xornadas memorables cheíñas de boa vontade, festa e amizade.
Non me queda máis que desculpar dos erros que sempre hai en eventos deste calado e agradecer a tod@s cantos participan e colaboran desinteresadamente no desenrolo deste esforzo colectivo, desta edición e das anteriores, organizadores, asesores, electricistas, montadores, loxística, voluntarias dos stands, músicos, público en xeral, a Quique, Gerardo Calvo a Ollaparo, a Gestily, a Reale e Seguros Martínez, ao Concello de Cedeira e moi especialmente á María Xosé Rodríguz concelleira de Cultura, e tant@s outras que tanto levan aportado para que este soño perdure e sexa lembrado moitos anos. Grazas a tod@s. Esperámosvos
discalzospolofestival-20160803OLLAPARO

Deixar unha resposta

— required *

— required *

off
%d bloggers like this: