off
Educação, Literatura — 12 Xullo, 2016 at 10:11 a.m.

O adeus de Agustín Fernández Paz

by

A Editorial Xerais vén de confirmar que finaba en Vigo aos 69 anos Agustín Fernández Paz, un dos escritores máis comprometidos e valorados da cultura galega.


Fernández-Paz-Agustín-Vilabarros-2008-6-656x4032Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 – Vigo, 2016), estudou para perito industrial mecánico na Laboral de Xixón e licenciouse en Ciencias da Educación mas foi mestre de ensino primario e secundario e escritor. Para acabar sendo mestre de escritores. Adoitaba dicir que “todas as historias se tecen cos fíos da vida” e así foi tecendo unha obra que o levou a ser escolleito catro veces ao Astrid Lindgren Memorial Award, nos anos 2008, 2009, 2010 e 2013.

Algúnhas das súas obras foran inseridas no  Catálogo White Ravens da International Youth Library de Múnic. E en 2011, foille outorgado en México o VII Premio Iberoamericano SM de la Literatura Infantil y Juvenil, en recoñecemento á súa traxectoria literaria. E a OEPLI acordou designalo como candidato español ao Premio Andersen 2012. 50 traducidas para o español, máis de 30 ao catalán, unhas 20 ao euskara, e tamén ao asturiano, portugués, francés, árabe, coreano, italiano, inglés, búlgaro, bretón e esloveno, entre outras.

O pasado mes de abril publicaba  na colección “Fóra de Xogo” de Edicións Xerais, A neve interminable, a derradeira novela de Agustín Fernández Paz, unha narración onde o misterio volve ocupar un lugar central.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off