off
Cedeira, Festas — 8 Xullo, 2016 at 3:50 p.m.

Volve a Rapa das Bestas da Capelada

by

rapadasbestas_capelada_OLLAPAROAsociación A Crina retoma a organización do programa coa colaboración do Concello de Cedeira. A entidade , que xa estivo á frente do programa celebrado hai catro anos, vén de presentar un programa que comezará contra das once da mañá coa chegada ao curro dos cabalos bravos que andan no monte. A rapa das bestas é a vella tradición de sanear o gando salvaxe despóis de separar as bestas dos poldros; unha necesidade que acabou por tornarse un acontecimento cultural e festeiro. O corpo a corpo de homes e bestas volverá traer á memoria a mútua dependencia, o dificil e necesario equilibrio coa natureza.

O grupo de gaitas e baile Buxainas porá a música a un programa que  a partires das 16.30 horas dará paso a distintas probas de cabalos de montura. Andadura e galope son algunhas das previstas, tal e como explicou o presidente de A Crina, Cristian Mera González.

As competicións prolongaranse até as sete da tarde. O responsabel da asociación organizadora destacou os moitos esforzos que asume a entidade, un compromiso que ten como obxectivo manter unha tradición con máis de medio século e celebrar unha festa que segue a ter un grande tirón entre os amantes dos cabalos. Cristian Mera lembrou que o público se volcou na anterior convocatoria, polo que confía que tamén será así o próximo domingo e, entre outros atractivos, o presidente de A Crina destacou que as persoas que se animen poderán disfrutar unha actividade ancestral, unhas vistas inmellorables e un magnífico ambiente. No espazo  haberá postos nos que se poderá xantar e compartir un día de festa.

One Comment

  1. Como se chega dende a Coruña ó curro??

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off