off
Desporto Cedeirense — 8 Xullo, 2016 at 3:22 p.m.

Seis remeiros do clube de Remo Cedeira participarán no campionato de España de remo olímpico

by

Seis remeiros do clube de Remo Cedeira participarán no campionato de España na modalidade de remo olímpico, que ate o día 10 se celebra na cidade de Sevilla. Son Noemi Piñón, que tomará parte na categoría skiff infantil feminino; Noa Trigo e Claudia Villar, dobre scull infantil feminino; Marcos Pernas e Raúl López, dobre scull infantil masculino, e Francisco Tojeiro, skiff cadete masculino. Non hai nin unha semana que o remo cedeirés acadara os seus últimos trunfos no Campionato Nacional Galego de Remo Olímpico

Campións Galegos

No Campionato Galego que tivo lugar o día 3 no encoro de Castrelo de Miño, na provincia de Ourense conseguiron medallas de ouro Noemi Martín, que competiu na categoría skiff infantil femenino, e Marcos Piñón e Raúl López. Estes últimos o fixeron en dobre scull infantil masculino. Francisco Tojeiro foi medalla de broce na categoría de skiff cadete masculino.

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off