off
Galiza, Movementos sociais, Politica espanhola — 8 Xullo, 2016 at 4:15 p.m.

O BNG pide a dimisión da ministra Pastor logo de coñecerse o demoledor informe sobre o accidente de Angrois

by

O informe da Comisión Europea conclúe que a investigación do accidente do Alvia que custou a vida a 80 persoas e causou numerosos feridos non reuniu a independencia que se establece na Directiva de Seguridade Ferroviaria e, por tanto, debería ser reaberta, e desta vez si, cunha comisión de investigación de independencia. O BNG xa anunciou unha nova petición de comisión de investigación no Parlamento galego.


ANA-MIRANDA-COS-REPRESENTANTES-PLATAFORMA-VICTIMAS-ALVIA-300x168
Reoresentantes da Plataforma de Vítimas do Alvia e Ana Miranda. Foto: BNG

Grazas a teimosa petición  da eurodeputada galega Ana Miranda de dar a coñecer o informe elaborado pola Dirección Xeral de Transporte comunitario en relación ao accidente do tren Alvia en Angrois para  establecer responsabilidades e de esclarecer os feitos do tráxico accidente. Foron os representantes da Plataforma de vítimas e a eurodeputada Ana Miranda quen coñeceran primeiro o contido do documento da man do responsabel de Seguridade Ferroviaria, Herald Ruijters, e de Josef Doppelbauer, director executivo da Axencia de Seguridade Europea (ERA). Inicialmente a Comisión negarase a facilitar o informe por considerar que “podía afectar a unha investigación en curso contra o estado español por incumprimento da Directiva de Seguridade Ferroviaria”, porén a portavoz en Europa do BNG, Ana Miranda, presentou un recurso ante a Unidade de Transparencia da Comisión Europea, que tivo como resposta a confirmación de que adiaba a entrega do informe.

A eurodeputada galega atribúe a presións do Estado español e que motivou que de novo no pasado mes de xuño, o BNG volvese reclamar o informe á Comisión Europea. Finalmente “O informe vai máis moito máis alá do que agardabamos”, afirmou Miranda.

Logo da viaxe do pasado mes de novembro de 2015 alentada polo BNG,  a Comisión Europea comprometerase cos representantes das vítimas  e co Bloque a elaborar un informe, -encargado á ERA-, sobre o accidente do Alvia, tras admitir ter recibido datos adicionais de gran importancia, e co compromiso de entrega en maio de 2016.

Algunhas das conclusións do informe:

1ª A composición da comisión de investigación de accidentes ferroviarios non aseguraba a necesaria independencia,

2ª A investigación centrouse só na hipótese do erro humano como causa directa do sinistro,  mas non obvia outras causastrazado da ruta, sistemas de seguridade, etc-, que non foron tidas en conta, desmentindo así que non exista máis responsabilidade que a atribuída ao maquinista.

3ºFalta de colaboración de Renfe, Adif, Ideco e funcionarios da DGF do Ministerio de Fomento, ao negarse a contestar preguntas relacionadas coa investigación, desmentindo pola vía dos feitos a suposta colaboración das autoridades e organismos implicados na xestión ferroviaria do Estado.

4ª Incumprimento da Directiva Europea de Seguridade Ferroviaria (artículos 21 e 19) no que se refire á requirida independencia que deben ter as comisións de investigación de accidentes ferroviarios graves nos Estados membros, a CIAF no caso español.


Para saber máis:

Informe elaborada pola Axencia de Seguridade Europea (ERA)

O heroísmo como construción do acontecemento en Angrois (Praza Pública)

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off