off
Movementos sociais, Opinião, Política — 6 Xullo, 2016 at 12:45 p.m.

Ferrol cara á remunicipalización

by

Ferrol_concello_OLLAPAROEstas últimas semanas está a iniciar a súa andaina a plataforma pola remunicipalización dos servizos públicos de Ferrol. Empezamos o traballo coa denuncia da hipoteca que suporía para o concello a adxudicación do contrato eléctrico. Isto conlevaría tamén a subordinación do concello durante os próximos quince anos a intereses privados alleos a veciñanza. Como poden ser os beneficios de FCC. Na nosa man está pois reverter estes procesos de privatización para beneficiar soamente as grandes maiorías sociais tan agredidas nos últimos anos.

Os seguintes pasos a dar pasarían en primeiro lugar por un intenso traballo de fiscalización da parte privada de Emafesa; Socamex, para en base os incumprimentos do contrato de concesión ir avanzando cara a remunicipalización. E seguro que van aparecer moitos incumprimentos. A colaboración con outros concellos que xa están a traballar nestes procesos como Ames e Compostela tamén pode axudarnos a crear as sinerxías necesarias que fagan posible avanzar cara as  tan necesarias remunicipalizacións. Necesitamos que os gobernos municipais adiquen os recursos necesarios para fiscalizar os contratos actuais, recursos que nos sirvan para denunciar feitos como os que teñen acontecido na nosa cidade, como puideron ser a denominada crise da auga ou a “estafa” da taxa de depuración.

Neste novo ciclo político este tema do rescate dos servizos públicos básicos debería ser central, a idea de recuperar os subministros primordiais para garantir a transparencia e evitar que os usuarios sexamos cautivos dos monopolios das grandes multinacionais tería que ser unha das consignas fundamentais dos  que queremos unha xestión transparente e eficaz dos servizos públicos municipais.O modelo que padecemos tamén é a consecuencia da “captura das políticas públicas” por parte dos grandes monopolios económicos e empresariais. Por exemplo o grupo ACS controla en Galicia un entramado de mais de 30 compañías filiais cun volume económico moi dependente das concesións de contratos públicos (64 millóns de euros en 2013).

Tres empresas madrileñas: a ACS de Florentino Pérez  através das suas filiais Urbaser e Clece; FCC das irmáns Koplowitz e Ferrovial da familia Del Pino através  de Cespa repártense en Galiza mais de 150 millóns de euros anuais polo negocio dos servizos privatizados nas sete grandes cidades do país. Os seis principais negocios que controlan estes conglomerados empresariais son servizos como a asistencia social, fundamentalmente pola falla de persoal nos concellos; Clece (ACS) factura mais de 6 millóns por este servizo básico. A recollida de lixo que salvo en Burela e Lalín está controlada por estas tres empresas madrileñas xera un negocio de mais de 80 millóns de euros de beneficios. A agua está tamén privatizada en todos os grandes concellos salvo na Coruña; Urbaser e Viaqua repártense case todo o negocio que xera moitos miles de euros en beneficios. Polo tanto debemos volver a recuperar a xestión pública -como se fai na maioría dos países do mundo-, sobre todo na xestión da auga. Agora vemos que foron un erro os procesos de privatización dos anos noventa.

Quen están  na xestión dos servizos municipais saben que os servizos privatizados presentan uns sobrecustes que van do 22 por cento a mais do 90 por cento, respecto o servizo prestado de forma directa, con encarecementos medios do 27 por cento de promedio en recollida do lixo e 71 por cento en limpeza urbana.

As consecuencias das privatización dos servizos conleva tamén case sempre a subida das tarifas, a desinversión,  exclusión social por impago, opacidade, falta de transparencia e ausencia de participación e sobre todo a  falta de control público. E non podemos esquecer como unha das consecuencias colaterais; a corrupción que conlevan case sempre este tipo de contratos, como moi ben evidenciou o chamado caso Pokemon instruído pola xuíz De Lara.

A auga, a xestión do lixo, dos servizos municipais teñen que volver a ser dereitos básicos esencias e non suxeitos a negocio privado, nin a especulación para beneficio de multinacionais monopolistas que teñan os usuarios como mercados cautivos (Agora falase que Urbaser pode ser absorbida por  un fondo de capital  especulativo chinés). Remunicipalizar os servizos básicos dos concellos e posible e necesario e vainos permitir aforrar os “subrecustes” en vez de ter que recortar servizos  pola imposición da lei Montoro. En Ferrol segundo recentes enquisas o 67 por cento dos Ferroláns apoian a remunicipalización dos servizos e mais da metade cree que así serían moito máis eficientes. Ese e o camiño. Estes días recibimos da visita do xerente de AEOPAS Luis Babiano que nos explicou o esencial que supón a remunicipalización da auga. A plataforma de Ferrol xa está empezando a recorrer este camiño, agardamos  poder acadar a sociedade decente pola que loitamos que non sería outra que aquela que simplemente non se sinta humillada nin por institucións nin por empresas indecentes . Porque pódese e débese.



 				
Tags

One Comment

  1. Moi bo.

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off