off
Galiza, Política — 5 Xullo, 2016 at 7:02 a.m.

O BNG presenta unha iniciativa no Parlamento para suprimir o envío postal das papeletas e exixir debates a dobre volta

by

Anunciouno Ana Ponton, que  levou esta iniciativado BNG  ao Parlamento para suprimir o mailing e estabelecer debates a dobre volta nos meios de comunicación públicos.  A medida representaría un aforro para o erario público de dous millóns de euros. No comunicado da formación frontista  afírmase que a medida “permitiría reducir en gasto inútil” e “conseguir que a imaxe da carretaxe sexa dunha vez por todas parte do pasado”.

Debates a dobre volta

Alén diso, o BNG  propón un debate  “a dobre volta” entre as persoas que optarán á presidencia da Xunta.Un debate por semana de campaña, que será novidade no conxunto do Estado. O Bloque taménp proón que debatan as números 1 por cada provincia e que se realicen aínda entrevistas a fondo ás candidatas e candidatos a lideraren o goberno galego.

“O democrático é que haxa debates en horario de máxima audiencia na TVG e non en horario infantil, e tamén invita a reflexionar comprobar como nas últimas convocatorias electorais os medios privados fan máis debates que os públicos”, afirmou Ana Pontón.

As medidas irian orientadas a que os medios públicos, que pagamos entre tod@s,  non poden estar ao servizo de Feijóo, senón ao servizo do dereito dos galegos e galegas a estar informados.

 

 

Grazas por leres e colaborares no Ollaparo !

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

off